miércoles, 28 de febrero de 2024

OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓNS RURAIS E AGRARIAS - CACIPOS, HÓRREOS, CABACEIROS...

 O 27 de febreiro tivemos unha xornada para traballar e aprender sobre CACIPOS. Temos que dicir que o noso concello é o único que emprega esta palabra para referirse a este tipo de construcións. Este foi o principio e toma de contacto con eles para despois continuar cun proxecto que nace entre Bibliomaraña e os Polos Creativos, e do que sequiremos falando en novas publicacións.



martes, 27 de febrero de 2024

OBRADOIRO DE CESTERÍA

 A artesanía da nosa bisbarra e os traballos dos nosos antepasados son para nós un tesouro a preservar. E espallar e dar a coñecer a cultura popular, unha obriga de calquera centro relacionado coa cultura. É por iso que desde BiblioMaraña, programamos un ano máis un obradoiro de cestería que durou varios días e no que traballamos todo o alumnado e profesorado, guiado polo mestre cesteiro Sergio Moreno. 

Esta vez quixemos facer unha especie de iglú ou cabaña que podamos usar no patio cuberto para o xogo simbólico, como recuncho de lectura, como un refuxio de tranquilidade ou protección, lugar de reflexión... nin se sabe os usos que cada quen terá a ocurrencia de darlle, xa o iremos vendo. Dentro del poden meterse ata 10 persoas.

O que si sabemos e que estamos encantados co resultado. Deixámosvos unhas fotos do proceso de elaboración, no que todos aprendemos e desfrutamos do arte de tecer con vimbios.












lunes, 26 de febrero de 2024

PROGRAMANDO CON SCRATCH

 A programación trabállase no noso con diferentes programas. Programamos robots, cos seus correspondentes programas ou botoneras e incluso en infantil se traballa a orientación espacial programando en diferentes app percorridos a seguir. Pero, sen dúbida temos que dicir que onde máis desfrutamos programando é en Scratch. Neste momento temos en marcha diferentes proxectos, uns sobre igualdade, outros relacionados coa alimentación, algún videoxogo, un mapa didáctico e incluso un circuíto de coches.



EMPREGANDO ESCORNABOTS

 Os escornabots foron dos primeiros robots que entraron en BiblioMaraña. Desde entón traballamos e seguimos traballando con diferentes tipos de robots, pero non nos olvidamos daqueles primeiros que nós mesmos montamos por pezas na nosa biblioteca, e de cando en vez, seguimos dándolle uso nas diferentes áreas e con cuadrículas variadas.



 

domingo, 25 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (23 febreiro)

 Rosalía é un pilar importante na nosa literatura. Con motivo de celebrar o seu día, en todos os niveis do noso cole se fixeron moitas actividades. Amosámosvos algunha delas.

O alumnado de 2º a 4º recitaron algunha das súas poesías e co croma elaboraron un vídeo que ten de fondo a Rosalía. Preme na imaxe se queres escoitar as poesías e ver os seus debuxos.


Desde a biblioteca, a Araña Maraña fixo a seguinte proposta de traballo para todas e todos,, pedindo a colaboración das familias:
Os debuxos resultantes expuxéronse no corredor do colexio, á entrada da biblioteca:






sábado, 17 de febrero de 2024

14 DE FEBREIRO - DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

 Nas aulas fixéronse corazóns e volvoretas con mensaxes de amizade e agradecemento para calquera persoa importante para os alumnos e alumnas. Despois pegáronse todas as mensaxes nun dos corredores do centro.





miércoles, 14 de febrero de 2024

DÍA MUNDIAL DA RADIO

 O 13 de febreiro conmemórase o Día Mundial da Radio. No noso centro, RadioMaraña leva anos funcionando e emitindo programas. Neste día, fixemos unha pausa nas aulas para que o alumnado se pare a pensar neste medio de comunicación a nivel xeral, e dun xeito particular, a importancia da nosa radio escolar.

Neste mesmo blog tedes publicados varios programas dos feitos ó longo do curso, e neste momento estamos a traballar en algún máis que en breve verán a luz e poderedes oir. 

Pola importancia e valor que lle damos, só podemos dicir... VIVA A RADIO...!!!






CELEBRAMOS O ENTROIDO

 Levamos un tempo con ambiente entroideiro no colexio, na biblioteca, na bisbarra... desde fai días o sangue férvenos por disfrazarnos, e por fin chegou o entroido. 

Durante esta última semana, @ mec@ fixo os seus mandados diarios:


Traballouse sobre as diferentes máscaras galegas, pero sobre todo sobre as da nosa provincia de Ourense, especialmente rica en diferentes tipos de entroido e de vestimentas. Co aprendido, fíxose este mural:

Como cada ano, estaba previsto sair de desfile polo pobo e facer unha parada na praza, pero por mor do mal tempo non poidemos desfilar. O que non faltou foi a saída ó Centro de Día, onde cada ano nos esperan e imos con ilusión para compartir almorzo cos avós e avoas que tanto nos fan desfrutar. Moitas grazas á todas e todos os que traballades no centro por invitarnos un ano máis. Xa sabedes que imos encantad@s.



Tampouco faltaron as orellas de entroido coas que nos agasalla cada ano Clemen, o cociñeiro do noso cole, o noso cociñeiro favorito.








martes, 13 de febrero de 2024

FACEMOS CREMAS HIDRATANTES NO DÍA I. DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Seguimos traballando desde Bibliomaraña a ciencia, a igualdade e hoxe dun xeito especial pola conmemoración que celebramos. Aproveitamos para facer unhas cremas hidratantes este 11 de febreiro e tamén facer un vídeo cos pasos e ingredientes necesarios para a súa elaboración e este foi o resultado.

Preme na foto para ver o vídeo.






miércoles, 7 de febrero de 2024

XORNADA DE BIBLIOTECA CREATIVA - SANTIAGO DE COMPOSTELA

 Profesorado do noso colexio asistiu o 5 de febreiro a estas Xornadas para seguir formándonos e avanzando en Bibliomaraña con novas ideas e propostas de novos proxectos.



DÍA DA ILUSTRACIÓN

O 30 de xaneiro non só conmemoramos o Día da Paz. Tamén é o Día da Ilustración. Este ano, o ilustrador homenaxeado é ChiChi Campos, pioneiro do humor gráfico e sobre o que fixemos na aula unha investigación, agradecendo o seu traballo e o de tantos ilustradores que dan vida a libros e carteis. 


Desde a nosa biblioteca tamén quixemos poñernos a Ilustrar e, dado que o Día de Rosalía está cerca, decidimos ilustrar unha portada para unha suposta nova edición do libro Follas novas de Rosalía, o seu segundo poemario en lingua galega, escrito en Castela e publicado en Cuba. Tamén fixemos algún comic e ilustramos o que nos suxeriu algún poema.