Dentro da sección de Tempo de compartir, o
alumnado de Educación Primaria realizou unha visita moi especial ao centro
de maiores do concello, onde participaron nun obradoiro interxeracional de
elaboración de lámpadas caseiras.
Durante a actividade, nenos, nenas e persoas
maiores traballaron conxuntamente, compartindo materiais, ideas e moitas
conversas. A colaboración entre xeracións converteu o obradoiro nun espazo de
aprendizaxe mutua, no que a creatividade e a convivencia foron os
protagonistas.
O alumnado gozou moito da experiencia, non só
polo proceso de creación das lámpadas, senón tamén pola oportunidade de
convivir e compartir tempo coas persoas maiores, escoitando as súas historias e
aprendendo da súa experiencia.
Foi unha actividade moi enriquecedora que
reforzou valores como o respecto, a empatía e a cooperación, demostrando a
importancia de crear lazos entre diferentes xeracións.
Sen dúbida, unha xornada moi positiva e especial dentro do noso programa de Tempo de compartir.






























.jpg)











