
Dentro da sección de Celebracións, conmemoramos o Día da Familia cunha actividade moi especial na que participou todo o alumnado do centro.
Nesta ocasión, realizamos unha proposta simbólica
e chea de significado: a plantación de sementes de flores. Cada alumno e
alumna decorou unha maceta de barro, personalizándoa con creatividade e
ilusión, converténdoa nun agasallo único para levar á casa.
Xunto coa maceta, cada familia recibiu un pequeno
paquete con “sementes máxicas” e unha mensaxe moi especial: “Plantamos
hoxe xuntos o que florecerá mañá”. Esta nota convidaba a compartir en
familia o proceso de sementeira, coidado e espera, reforzando así o vínculo
entre escola e fogar.
A actividade tivo como obxectivo promover
momentos de convivencia familiar arredor da natureza, fomentando valores como o
coidado, a paciencia e a responsabilidade compartida.
Sen dúbida, foi unha experiencia emotiva e significativa, na que sementamos moito máis ca flores: sementamos tempo, afecto e ilusión en familia.






No hay comentarios:
Publicar un comentario