lunes, 4 de mayo de 2026

Sinto, penso e soluciono: o noso espazo de calma🌿💭💛





Dentro da sección de Convivencia, creamos un espazo moi especial na aula chamado “Sinto, penso e soluciono”, pensado para axudarnos a xestionar as emocións, mellorar a convivencia e resolver conflitos de maneira tranquila.

Para dar forma a este recuncho, elaboramos un gran soporte visual no que aparecen fotografías do propio alumnado representando diferentes emocións. Xunto a elas, incluímos apoio visual que nos axuda a identificar en que situacións ou contextos podemos sentir cada unha desas emocións, favorecendo así a súa comprensión e expresión.

Este espazo funciona como un lugar ao que podemos acudir cando necesitamos respirar, estar sós, calmarnos ou solucionar un conflito. É un recuncho de tranquilidade que nos axuda a parar, pensar e buscar solucións de maneira máis consciente.

Ademais, dispoñemos dunha caixa da calma, chea de recursos que nos axudan a relaxarnos e recuperar a tranquilidade cando o necesitamos.

Grazas a este espazo, estamos aprendendo a recoñecer as nosas emocións, a expresalas mellor e a convivir dun xeito máis respectuoso e equilibrado. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario