jueves, 28 de mayo de 2026

Tempo de compartir: obradoiro de lámpadas no centro de día do concello💡🤝💛

 

Dentro da sección de Tempo de compartir, o alumnado de Educación Primaria realizou unha visita moi especial ao centro de maiores do concello, onde participaron nun obradoiro interxeracional de elaboración de lámpadas caseiras.

Durante a actividade, nenos, nenas e persoas maiores traballaron conxuntamente, compartindo materiais, ideas e moitas conversas. A colaboración entre xeracións converteu o obradoiro nun espazo de aprendizaxe mutua, no que a creatividade e a convivencia foron os protagonistas.

O alumnado gozou moito da experiencia, non só polo proceso de creación das lámpadas, senón tamén pola oportunidade de convivir e compartir tempo coas persoas maiores, escoitando as súas historias e aprendendo da súa experiencia.

Foi unha actividade moi enriquecedora que reforzou valores como o respecto, a empatía e a cooperación, demostrando a importancia de crear lazos entre diferentes xeracións.

Sen dúbida, unha xornada moi positiva e especial dentro do noso programa de Tempo de compartir. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario