Dentro da sección de Saídas, realizamos
unha excursión moi especial ao Wake Park de Fornelos, unha experiencia
que se converteu nunha auténtica aventura chea de diversión e emoción.
Ao longo da xornada, o alumnado participou en
diferentes actividades acuáticas. Disfrutaron de paseos en pedaleta, nos
que puideron gozar do entorno dun xeito tranquilo e divertido. Tamén se
lanzaron a explorar as colchonetas inchables na auga, superando pequenos
retos de equilibrio, coordinación e valentía mentres compartían risas cos
compañeiros e compañeiras.
Un dos momentos máis esperados foi a tirolina
de auga, unha actividade chea de adrenalina que espertou moita ilusión e
entusiasmo entre o alumnado.
Esta saída foi unha oportunidade perfecta para
fomentar a convivencia, o traballo en equipo e o desfrute do medio natural a
través de actividades diferentes e moi motivadoras.
Sen dúbida, foi unha xornada inesquecible que combinou deporte, diversión e convivencia nun entorno privilexiado.
.jpg)
.jpg)
.jpg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario