
Dentro do noso proxecto Nutriescolas, fomos traballando ao longo de todo o curso diferentes propostas relacionadas coa alimentación saudable co alumnado de Educación Infantil.
Unha das actividades máis especiais foi a elaboración de distintas receitas sinxelas, divertidas e equilibradas, nas que os nenos e nenas participaron de maneira activa: mesturando ingredientes, descubrindo novos alimentos e aprendendo a importancia de manter hábitos saudables no día a día.
Como peche deste traballo, elaboramos un recetario final titulado “Barrio con sabor”, no que recollemos todas as receitas realizadas durante o curso. Trátase dun libro cheo de cores, sabores e experiencias compartidas, que reflicte todo o aprendido arredor da nutrición e a alimentación equilibrada.
Este recetario non só é unha recompilación de receitas, senón tamén un recordo do proceso vivido, no que o alumnado foi protagonista do seu propio aprendizaxe, desenvolvendo autonomía, curiosidade e interese por unha alimentación saudable.
Un proxecto saboroso, educativo e moi especial que puxo o broche final a un curso cheo de aprendizaxes… e de moito sabor!



No hay comentarios:
Publicar un comentario