viernes, 23 de abril de 2021

NOVO PROGRAMA DE RADIO

DÍA DO LIBRO E OS MAIORES DO CENTRO DE DÍA


Este DÍA DO LIBRO está a ser moi especial!!
Está mañá recibimos en Bibliomaraña unha sorpresa :
Os nosos maiores do Centro de Día de Vilar de Barrio enviáronnos un audioconto titulado Arrugas.
Non deixedes de escoitalo!!
Moitas grazas por colaborar con Bibliomaraña!!







lunes, 19 de abril de 2021

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 


Hoxe, 23 de abril de 2021 é un día moi especial para BIBLIOMARAÑA. É un acontecemento importante para a nosa escola, o Día do Libro.


Cos libros podemos viaxar a outros mundos e lugares, transportarnos ó pasado ou futuro e vivir outras vidas a través dos personaxes.







Nesta ocasión a Araña Maraña convocou @s alumnos do cole e ás súas familias para desfrutar un ratiño coa lectura en familia e gravar un audioconto. Moitas grazas pola participación, foi todo un éxito!

Cultivar o amor polos libros é o mellor agasallo que podemos facerlle ós nos@s pequen@s.

Parabéns a todas as familias! Aquí tedes o resultado.