jueves, 20 de diciembre de 2018

FELICITACIÓNS DE NADAL EN RADIOMARAÑA

Nesta ocasión a Araña Maraña nos propuxo felicitar o Nadal dun xeito moi especial...
Mestras e mestres, alumnos e alumnas e membros da comunidade educativa, felicitan o Nadal a un amig@ segred@ a través de RADIO MARAÑA, a radio do noso cole. Se queres escoitar a felicitación do teu amig@ segred@ e a do resto de compañeir@s, escoita os seguintes podcast.
Non deixedes de soñar e desfrutar moito nestas datas cos vosos seres queridos.
Un saúdo desde o CEIP-P. VILAR DE BARRIO.
BO NADAL E FELIZ ANO!!!














jueves, 13 de diciembre de 2018

ZAMPALIBROS NO NADAL!

A nosa dinámica de Animación á lectura segue en marcha e con moito éxito. Lectores e lectoras todas as semanas visitan a Biblioteca para facer o préstamo dos libros que a Araña Maraña lles propón.
O mural do ZAMPALIBROS cada vez ten máis fotos nos seus estantes.
Para este Nadal, a mascota da biblioteca fai unha nova proposta.









PEQUEN@S LECTORES

Os peques do cole tamén participan na dinámica do ZAMPALIBROS,  e desfrutan cos seus contos.





LECTURAS COLECTIVAS




BIBLIOTECA CREATIVA

Aprendemos xogando, creamos, lemos e interpretamos diferentes tipos de linguaxe.





















TRABALLAMOS COA PRENSA

Todas as semanas lemos e traballamos coa Prensa na Escola.
Fai uns días que La Voz de Galicia,no apartado de La voz de la Escuela, un grupo de científicos respondían a unha cuestión formulada por Lucas Sánchez,alumno de 4º de primaria do noso cole.