Estos días, a Araña Maraña quixo facer unha pequena homenaxe a Rosalía.
Así, o alumnado de 2º e 3º de primaria, coñeceron e desfrutaron a vida e obra da nosa escritora, Rosalía de Castro.
Nesta ocasión empregamos un pouco de Gamificación:
Robótica, códigos QR, tablets e lectura dixital. Todo axudou para aprender, ler e desfrutar.
Lanzamos dados e programamos o escornabot para que camiñe ata a casilla correspondente. A continuación, collemos a tablet, a app QRDroid nos permite escanear o código e nos abre un arquivo para ler. Hai arquivos sobre a biografía e outros, de poemas da autora homenaxeada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario