Un espazo adicado a publicar as actividades da Biblioteca da Araña Maraña do noso centro, o CEIP-P. VILAR DE BARRIO, Ourense
miércoles, 22 de diciembre de 2021
FELICES VACACIÓNS DE NADAL
sábado, 27 de noviembre de 2021
25 N: BIBLIOMARAÑA EN PE POLA IGUALDADE
viernes, 5 de noviembre de 2021
SAMAIN
A NOSA MASCOTA, AXUDOUNOS A BOTAR OS MEDOS FÓRA.
DÍA DAS BIBLIOTECAS E SAMÁIN
A semana pasada celebramos na nosa escola, o Día das Bibliotecas, desfrutando de novo do noso espazo.
Por cursos, o alumnado puido desfrutar duns contos preparados polos encargad@s da biblioteca e, de novo, participamos dunha xornada de Biblioteca Creativa.
Ademais, as MOCHILAS VIAXEIRAS, volveron a saír rumbo ás casas para desfrutar da LECTURA EN FAMILIA
DÍA DAS ESCRITORAS
O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
O pasado 18 de outubro, desde BiblioMaraña, fixemos a unha homenaxe ás nosas escritoras galegas.
O alumnado de primaria participou na lectura de pequenos fragmentos de obras de escritoras galegas no noso ESPAZO FALADOIRO .
O alumnado de 5º e 6º fixeron un programa de Radio. A continuación, podes escoitalo:
BIBLIOMARAÑA CURSO 2021-2022
COMEZAMOS UN NOVO CURSO
CON GANAS E ILUSIÓN
Tal como nos sinala este curso o lema de Bibliotecas Escolares, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, co obxectivo de visualizar a importancia da linguaxe, como ferramenta que abre camiños de pensamento, de imaxinación, de aprendizaxe, de comunicación, ...
Un dos retos da escola do século XXI é formar ó alumnado coa capacidade de poder expresarse con todos os recursos que están ó seu alcance.
miércoles, 12 de mayo de 2021
BIBLIOTECA CREATIVA: O RETO DOS INSTRUMENTOS MUSICAIS
Proxecto realizado polo alumnado de 5º e 6º de primaria. Por parellas, escolleron unha familia de instrumentos. Bucaron ou gravaron o seu son, e co programa Scratch fixeron unha sinxela programación para que ó premer no instrumento desexado, se poida escoitar como soa.
Este reto foi consegiodo xa que foron capaces de conectar cada instrumento coa placa Makey-Makey e enlazar esta ó ordenador, para que reciba as instruccións que previamente programaron.
Aquí tedes o resultado:
OBRADOIRO CON CHARO PITA
PARTICIPACIÓN EN CONCURSOS DE RADIO
CEIP_P. Vilar de Barrio están a elaborar diferentes podcast e programas.
Durante o mes de abril o noso alumnado participou en diferente concursos escolares de Radio.
Os maiores do cole gravaron un podcast para participar no Concurso de Radio proposto pola Asesoría de Bibliotecas.
Dentro da nosa Xanela Cultural, falamos sobre a Igualdade.
E o alumnado de 3º e 4º de primaria participan nun Concurso de Radio Nacional cun programa titulado Escribe+.
Non deixes de escoitalos!!
viernes, 23 de abril de 2021
NOVO PROGRAMA DE RADIO
DÍA DO LIBRO E OS MAIORES DO CENTRO DE DÍA
lunes, 19 de abril de 2021
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO
Hoxe, 23 de abril de 2021 é un día moi especial para BIBLIOMARAÑA. É un acontecemento importante para a nosa escola, o Día do Libro.
Cos libros podemos viaxar a outros mundos e lugares, transportarnos ó
pasado ou futuro e vivir outras vidas a través dos personaxes.
Nesta ocasión a Araña Maraña convocou @s alumnos do cole e ás súas familias
para desfrutar un ratiño coa lectura en familia e gravar un audioconto. Moitas
grazas pola participación, foi todo un éxito!
Cultivar o amor polos
libros é o mellor agasallo que podemos facerlle ós nos@s pequen@s.
Parabéns a todas as familias! Aquí tedes o resultado.
viernes, 19 de marzo de 2021
14 E 21 DE MARZO: DESFRUTAMOS COS NÚMEROS E OS VERSOS
Dous días importantes para celebrar coa araña Maraña:
14 de Marzo: Día Internacional das Matemáticas
21 de Marzo: Día da Poesía
O 14 de marzo de 2019 foi aprobado pola UNESCO, a proposta da Unión Matemática Internacional, a celebración do Día Internacional das Matemáticas.
As matemáticas son unha ciencia que se
encarga do estudo dos números, das formas e das construcións xeométricas, así
como as súas propiedades e as súas relacións. As matemáticas están na nosa
vida, nos nosos xogos,... e teñen a súa linguaxe, a cal comunica á humanidade
con todo o que rodea o universo.
Esta data coincide co Día do Número Pi, onde tamén se celebra
a existencia dunha constante matemática. A data escollida foi a representativa
do número 3/14.
O alumnado de 3º e 4º de primaria estivo
investigando sobre o Número Pi e
aprendendo algunha curiosidade. Por exemplo, o número Pi é un número que se obtén ó dividir a lonxitude
dunha circunferencia entre o seu diámetro. Así o puxeron en práctica, aínda que
os resultado non foron exactos.
miércoles, 10 de marzo de 2021
8 de MARZO, DÍA DA MULLER
8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Este día é unha data moi sinalada para poñer en valor a contribución da muller na nosa sociedade e para reflexionar sobre o longo camiño que moitas mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seu dereitos e así, visibilizar a súa contribución nas facetas da vida, da cultura, da arte, da ciencia...
Desde a escola temos que seguir avanzando neste camiño, animando ó noso alumnado a desexar e perseguir un mundo mellor, no que homes e mulleres convivan nun auténtico estado de IGUALDADE.
Entre todo o alumnado da escola elaborouse este fermoso cartaz ponderando a figura da muller con grandes cualidades. O cartel tamén ten códigos QR a través dos cales podemos obter información sobre grandes mulleres que contribuíron a mellorar a nosa sociedade.
Esta semana tamén nos visitaron unhas compañeiras do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" para falar sobre a Igualdade e aclarando diferentes conceptos en relación ó tema co alumnado de 5º e 6º de primaria.