martes, 27 de octubre de 2020

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas


Fai anos que a nosa biblioteca pasou de ser una almacén de libros a un lugar onde cada vez ocurren máis e mellores vivenzas. Converténdose nunha ferramenta imprescindible para o noso centro que ofrece os mellores recursos a toda a comunidade educativa.

 Este curso, lanzamos unha proposta de animación á lectura para o  noso alumnado, converténdose nunhas superheroinas e surperheroes.







DÍA DAS ESCRITORAS. 19 DE OUTUBRO DE 2020


 O pasado luns, 19 de outubro o noso alumnado de 5º de primaria quixo rendir homenaxe a aquelas escritoras dando visibilidade da súa obra, facendo un Programa en RadioMaraña.

Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

A continuación podedes escoitar o seguinte podcast:


PROTOCOLO BIBLIOMARAÑA

 A PESAR DAS CIRCUNTASTANCIAS QUE ESTAMOS A VIVIR, BIBLIOMARAÑA ESTÁ ABERTA PARA OS SEUS USUARIOS. SOAMENTE TES QUE SEGUIR O SEGUINTE PROTOCOLO.



BIBLIOMARAÑA CURSO 2020-21


 COMEZAMOS NOVO CURSO CON MOITOS RETOS E INCERTIDUME,
 PERO CON MOITAS GAÑAS E ILUSIÓN.


Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance. A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.

Como nos recorda a Asesoría de Bibliotecas, nestes tempos confusos como os que estamos a vivir cómpre volver ás orixes, ao fundamental: a lectura e toda a súa potencialidade, sen esquecer outras oportunidades da biblioteca escolar para unha formación integral do alumnado.