Dado que os lazos familiares e a composición das familias cada vez é máis diversa, traballouse o Día da familia, no que non queda ninguén excluído. Desde Bibliomaraña propúxose este libro:
Un espazo adicado a publicar as actividades da Biblioteca da Araña Maraña do noso centro, o CEIP-P. VILAR DE BARRIO, Ourense
jueves, 16 de mayo de 2024
DÍA DA FAMILIA
LETRAS GALEGAS 2024: LUISA VILLALTA
Dende fai meses, vimos investigando sobre a vida e obra de Luisa Villalta e realizando numerosas actividades en todos os cursos en torno á escritora homenaxeada deste ano. Un dos froitos desa investifación foron presentacións feitas polo alumnado e expostas ante o resto de alumnos e alumnas.
Tamén fixemos debuxos e pequenos murais:
miércoles, 15 de mayo de 2024
MULTIPLICAMOS PARA A IGUALDADE
Este curso, o proxecto de igualdade lévanos a todos os campos. En matemáticas estivemos traballando as táboas de multiplicar e proplemas relacionados coa multiplicación e empregamos estes cadernos nos que todos os problemas do seu interior están dotados de palabras fermosas e en prol da igualdade.
TRABALLANDO OS CIRCUÍTOS
PROXECTO DE HUGO DE 6º: "Guerra espacial controlada con auga"
Preme na imaxe para ver o vídeo explicativo.
DIA INTERNACIONAL DA SAÚDE- Saude bucodental
Este ano, o Día da Saúde acordamos adicarllo á saúde bucodental pola importancia que ten na infancia.
Retrasamos un pouco a súa celebración en espera de poder contar no centro coas hixienistas do PAC de Xinzo de Limia, cabeceira da nosa comarca, que voluntariamente e de maneira desinteresada se acercaron ó colexio para compartir con todo o alumnado, tanto de infantil coma de primaria, un obradoiro no que se traballaron diversos aspectos da saúde bucodental e a súa relación con hábitos de hixiene e alimentación saudables. Unha mañá fructífera e chea de bos consellos. Moitas grazas por compartir con nós os vosos coñecementos.
martes, 14 de mayo de 2024
ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN
O alumnado de 6º, dende a área de ciencias da natureza, fixo unha investigación sobre os animais en perigo de extinción. Despois cada quen escolleu un deses animais e fixo unha presentación sobre el. Cando estiveron rematadas, expuxeron os seus traballos ó resto do alumnado.
jueves, 9 de mayo de 2024
BENVIDO MAIO...!
Na clase de relixión, debido á chegada do mes de maio, deseñaron cruces para darlle a benvida ó mes e seguir as tradicións. Mostrámosvos a continuación algunhas delas.
miércoles, 8 de mayo de 2024
ROBÓTICA CON MBOT
Os mBOT están en Bibliomaraña desde fai uns anos e con eles o alumnado practica a programación por bloques de xeito similar a como o fai en scratch.
viernes, 3 de mayo de 2024
SEMANA DO LIBRO - DIA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR - 23 ABRIL
Do 22 ó 26 de abril traballouse arreo en favor do hábito lector. A nivel de aula fixéronse diversas actividades; pero, a nivel de centro, unha delas foi manter ó longo desa semana e parte da seguinte, incluída a fin de semana, un stand de libros no patio do colexio. A el tiña opción de acudir calquera persoa e en calquera horario. Nos recreos tivo máis afluencia do alumnado.
O alumnado responsabledeste stand foron ós bibliotecarios e bibliotecarias de Bibliomaraña. Fixeron o cartel, colocaron mesas e libros, velaron nos recreos para asesorar e manter os libros ordenados e finalmente recolleron todo.