miércoles, 29 de octubre de 2025

Destacados de Samaín na nosa biblioteca🎃 👻

Esta semana o noso cole transformouse nun lugar máxico e misterioso grazas á creación dun novo Recuncho de Contos Especial Samaín. Un espazo pensado para que os nosos nenos e nenas desfruten da lectura dunha forma diferente: entre cabazas, sombras divertidas e personaxes encantados.

Neste recuncho, o alumnado descubriu historias emocionantes, cheas de humor e pequenos “sustos” aptos para todas as idades. 

🎃 ¡Feliz Samaín! 👻

Festexamos o Samaín no noso centro!

Hoxe o noso colexio encheuse de maxia, misterio e moita diversión para festexar o Samaín. Dende a primeira hora da mañá, os nenos e nenas chegaron ó centro con desfraces terroríficos: bruxas, pantasmas, esqueletos, monstros e moitos outros personaxes que deron vida a esta tradición tan especial.


Ao longo da xornada, levaronse a cabo diferentes actividades temáticas. No comedor do cole, os pequenos chefs elaboraron galletas terroríficas, con formas e decoracións inspiradas en arañas, cabazas, morcegos...





Tamén desfrutaron dunha sesión de cine na cal puideron vir unha película acorde coa festa.





Non faltaron os xogos e manualidades: pintaron e explotaron globos, fixeron creativas figuras relacionadas cos personaxes de samaín e decoraron os corredores do centro, enchendo cada recuncho de cor e imaxinación.







Un dos momentos máis esperados do día foron os bailes de samaín, onde o alumnado demostrou o seu talento e entusiasmo movéndose ao ritmo da música. Entre luces, risas e moita enerxía, todos e todas desfrutaron dun intre moi especial para compartir e divertirse xuntos.

Foi un día cheo de sorrisos, sustos e moita creatividade, no que todos e todas participamos para manter viva esta tradición galega tan querida.

¡Feliz Samaín á toda a comunidade educativa!



lunes, 27 de octubre de 2025

Descubrindo o pasado no Castelo de Bóveda de Vilar de Barrio🌄🌍

Esta semana fixemos unha saída moi especial coas nenas e nenos para coñecer un pouco máis a nosa contorna: visitamos o castelo de Bóveda de Vilar de Barrio. A experiencia foi unha auténtica aventura chea de aprendizaxes e descubrimentos. 





Durante o percorrido, os pequenos exploradores buscaron pegadas de animais , marcas nas pedras e mesmo restos antigos que nos axudaron a imaxinar como sería a visa hai moitos anos. Entre todos fomos reconstruíndo historias posibles sobre quen viviría alí, como se defendían ou que costumen poderían ter.


A saída serviunos non só para aprender sobre historia e natureza, senón tamén para valorar o patrimonio que temos tan preto de nós.



Foi unha xornada chea curiosidade, emoción e ganas de seguir descubrindo.

¡Xa estamos desexando volver saír a explorar novos recunchos da nosa contorna!

lunes, 13 de octubre de 2025

Plan Proxecta: Mirando polo camiño: Saída ó albergue.



Esta semana, o alumnado do noso colexio tivo a oportunidade de realizar unha saída moi especial: visitamos o albergue da nosa localidade, un lugar moi ligado ao Camiño de Santiago e aos milleiros de peregrinos que cada ano pasan polo noso pobo.

Durante a visita, puidemos coñecer de preto as instalacións e descubrir como é o día a día das persoas que fan o Camiño. Aprendemos curiosidades sobre a súa viaxe, os diferentes países de onde veñen e o que os leva a emprender esta experiencia tan enriquecedora.

Os nenos e nenas estiveron moi atentos e participativos, facendo preguntas cheas de interese e curiosidade: querían saber como se preparan os peregrinos, que levan nas súas mochilas, cantos quilómetros camiñan cada día ou como se senten ao chegar á meta en Santiago.





Un dos momentos máis especiais da visita foi cando tivemos a oportunidade de entrevistar a unha peregrina que se atopaba hospedada no albergue. Os rapaces aproveitaron para facerlle moitas preguntas: querían saber que significaba para ela esta experiencia, como se sentía ao levar a cabo o Camiño e que aprendizaxes estaba descubrindo ao longo da ruta. A súa resposta emocionou a todos, xa que nos contou que, máis alá do esforzo físico, o Camiño é unha viaxe interior chea de reflexión, solidariedade e encontro con xente marabillosa.


Foi unha xornada educativa e enriquecedora, que nos axudou a valorar a importancia do noso pobo dentro do Camiño e a comprender mellor o significado desta tradición tan arraigada en Galicia.

Dende o colexio queremos agradecer ao persoal do albergue pola súa acollida e polas explicacións tan interesantes, así como á peregrina que compartiu connosco a súa experiencia. Sen dúbida, esta saída deixou unha pegada especial en todos nós.

martes, 7 de octubre de 2025

Programando con Scracth

Hoxe tivemos no cole unha visita que nos encantou: un antigo alumno volveu para contarnos e ensinarnos un pouco sobre Scratch, unha forma divertida de programar e crear os nosos propios videoxogos.


Para quen non o coñeza, Scratch é unha maneira de aprender programación sen complicarse demasiado: en vez de escribir códigos longos, usamos bloques que se encaixan como pezas de lego para facer que os personaxes se movan, falen ou interactúen. Podes crear historias, animacións ou xogos totalmente á túa maneira , e ao mesmo tempo aprendes conceptos de programación como bucles, condicións variables, pero de forma superdivertida.



Durante a visita, o noso antigo alumno ensinounos a crear personaxes ,facer que se movan pola pantalla e programar accións para que os xogos funcionen. Foi increible ver como todos nos puxemos mans á obra, experimentando e inventando as nosas propias ideas.



Grazas ao noso visitante por compartir con nós a súa experiencia e motivación. Agora estamos desexando comenzar os nosos propios proxectos en Scracth e ver ata onde chega a nosa creatividade.

lunes, 6 de octubre de 2025

Programa de RADIO: especial Festa da Pataca 25 🎉🥔📻



Esta semana, o noso alumnado converteuse  nun auténtico equipo de radio para preparar e emitir un programa especial adicado á Festa da Pataca de Vilar de Barrio. Unha experiencia chea de creatividade, traballo en equipo e moita diversión.

Durante a emisión, os nenos e nenas compartiron todas as recreacións artísticas que realizaron destacando como protagonista a pataca, así como outros elementos naturais da contorna: follas, ramas, pedras, castañas, landras… ¡A natureza converteuse nun gran abanico de ideas!

Neste programa de radio contaron paso a paso cómo levaron a cabo as súas creacións. Explicaron o proceso de selección dos materiais así como as técnicas empregadas: dende esculturas feitas con patacas unidas con palillos ata pequenas figuras decoradas con pintura, lá, teas recicladas e elementos do bosque. Tamén falaron de cómo combinaron texturas e cores para dar vida a personaxes, animais...

Aprenderon que obxetos tan cotiás como unha pataca poden converterse en arte si se pon imaxinación e ganas.

A actividade non só lles permitiu practicar a expresión oral e o traballo cooperativo, senón tamén valorar a creatividade, coidar o medio ambiente e apreciar as tradicións da nosa comunidade.


¡Noraboa a todos os pequenos artistas e comunicadores por este marabilloso programa! 🎉🥔📻

viernes, 3 de octubre de 2025

Festa da Pataca 25 🎉🎉



Dende o cole sumámonos con moita ilusión á festa da pataca organizada polo Concello de Vilar de Barrio. 

Os días previos, preparamos o cartel identificativo do noso cole para participar na festa da Pataca.

O alumnado, en colaboración coas súas familias, aceptaron o reto de crear figuras e recreaccións empregando patacas así como outros elementos. Con moita creatividade, imaxinación e esforzó, os nenos e nenas converteron simples patacas en personaxes, animais… 

Algunhas das recreacción feitas polo noso alumnado son as seguintes:









Grazas ó concello por facernos partícipes desta iniciativa. 

Noraboa a todos os participamntes polo entusiasmo e esforzo.