O 25 DE NOVEMBRO, E TODOS OS DÍAS...
XUNTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Esta semana, desde o colexio de Vilar de Barrio, estivemos a preparar a
celebración do Día en contra da violencia de xénero.
Alumnado e profesorado tratamos este tema intentando
sementar RESPECTO e IGUALDADE entre toda a comunidade.
Lemos contos, pintamos mandalas, pintamos as nosas mans...reflexionando sobre este tema.
Tamén a nosa mascota
quixo facer un agasallo en impresión 3D para toda a comunidade educativa:
O último día da semana emitimos un Programa de radio desde RADIOMARAÑA.
A continuación, podedes escoitar un podcast do programa onde o noso alumnado plasma as súas reflexións, emitindo un rotundo NON:
No hay comentarios:
Publicar un comentario