miércoles, 10 de marzo de 2021

8 de MARZO, DÍA DA MULLER

 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este día é unha data moi sinalada para poñer en valor a contribución da muller na nosa sociedade e para reflexionar sobre o longo camiño que moitas mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seu dereitos e así, visibilizar a súa contribución nas facetas da vida, da cultura, da arte, da ciencia...

Desde a escola temos que seguir avanzando neste camiño, animando ó noso alumnado a desexar e perseguir un mundo mellor, no que homes e mulleres convivan nun auténtico estado de IGUALDADE.

Entre todo o alumnado da escola elaborouse este fermoso cartaz ponderando a figura da muller con grandes cualidades. O cartel tamén ten códigos QR a través dos cales podemos obter información sobre grandes mulleres que contribuíron a mellorar a nosa sociedade.



Unha das nosas mestras sorprendeunos  cun vídeo grabado por un grupo de antigos alumn@s do colexio de Vilar de Barrio, que animan ós nosos pequen@s a perseguir os seus soños independentemente do seu xénero e, a seguir loitando pola IGUALDADE  entre homes e mulleres.
Para poder visualizalo, pincha no seguinte enlace:



Recordamos co noso alumnado quenes son as protagonistas dos diferentes recunchos de BIBLIOMARAÑA: 
ANTONIA FERNÁNDEZ GRANDE: Antiga mestra da nosa escola moi querida polos seus compañeir@s e polo seu alumnado. 







                                                           ROSALÍA DE CASTRO: A autora máis universal da nosa lingua.







MANUELA BARREIRO PICO: Farmacéutica galega. A primeira muller licencicada pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1901.








            MARUJA MALLO: Unha das principais artistas da Xeneración do 27








ANTONIA FERRÍN MOREIRAS: Matemática e astrónoma galega









Durante estos días, a mascota de BIBLIOMARAÑA anímanos a desfrutar coa lectura destes lilbros:

Esta semana tamén nos visitaron unhas compañeiras do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" para falar sobre a Igualdade e aclarando diferentes conceptos en relación ó tema co alumnado de 5º e 6º de primaria.





 Ademais, dun xeito lúdico e coa axuda dos esconabots, o alumnado da nosa escola puido coñecer grandes descubrimentos de mulleres que melloraron a nosa calidade de vida.





















No hay comentarios:

Publicar un comentario