jueves, 31 de marzo de 2022

MES DE MARZO EN BIBLIOMARAÑA!!!

 Este mes de marzo,  puidemos desfrutar de moitas actividades na nosa biblioteca, BIBLIOMARAÑA.

Comezamos o mes coa visita dunha persoa moi especial para o noso cole, Xabier Domínguez, xove escritor que viviu moitos anos en Vilar de Barrio. Antigo alumno desta escola e profe de prácticas no seus estudos  universitarios.

Xabier Domínguez é autor e Naturizo, o pequeno ourizo que vive na Serra de San Mamede entre outro libros, como Fronteiras de papel, O xigante de Allariz, entre outros...

Nesta ocasión, Xabier ensinounos o mundo da ilustración e da edición dos contos.

Explicounos pasiño a pasiño o proceso de elaboración dun libros, desde que a primeira idea asoma na mente do escritor a ta que chega ós andeis das librerías. Mostrounos os diferentes tipos de papeis para imprimir e as diferentes técnicas de enmaquetado segundo o tipo de portada que leven.

E para rematar a xornada, xogos con palabras. Que ben o pasamos!!!








OBRADOIRO STEAM

Tivemos unha xornada na que maiores e pequenos poideron "argallar" co makey-makey e a plastilina condutora. Unha forma de experimentar coas novas tecnoloxías!!












MAKEY-MAKEY E PATACAS: "MÚSICA DE PIANO"

Os maiores da escola, alumnado de 5º e 6º de primaria acompañados pola súa titora, puxeron en práctica o manexo co programa Scratch e cunhas patacas conseguen facer soar un piano. 







OBRADOIRO DE TEATRO, DENTRO DO PROGRAMA "RADIO NA BIBLIO"

O último martes do mes, experimentamos diferentes técnicas de comunicarnos coa compañía de Manuel Fontemoura, experto en teatro e creador de TEATRO ANEIS e autor do libro " A nena do vestido de flores".
















No hay comentarios:

Publicar un comentario