Despois de adicar o mes de novembro á ciencia en galego na biblioteca, non quixemos deixar pasar este día. Pensamos que desde Bibliomaraña é un bo lugar para o empoderamento das mulleres e quixemos dar un empuxe para destacar a súa importancia no campo científico e animar ás nosas nenas a loitar polo seu futuro no eido que máis lles guste, sen ningún tipo te atrancos externos.
O alumnado levou a cabo unha investigación sobre diversas mulleres que ó longo da historia destacaron en algunha rama da ciencia, medicina, astroloxía, enxeñería... e o resultado da súa búsqueda foi plasmado en presentacións de google que despois expuxeron ante o resto do alumnado.
Foi curioso descubrir que o invento dalgunha destas científicas foi collido como modelo para a fabricación de xoguetes, que casualmente un alumno tiña na casa e trouxo o día da exposición para poder facer unha comparación paralela co real.
Traballamos na aula cun vídeo da Asociación de mulleres Investigadoras e Tecnólogas que busca denunciar o efecto Matilda, que é a discriminación e prexuízo que se produce en contra dos logros das mulleres científicas cuxas achegas adoitan atribuírse ós homes.
Preme na imaxe se queres volver ver o vídeo:
Por último, o alumnado recibiu no seu correo a ligazón a un vídeo que a Unidade de Divulgación científica e Cultural da Universidade da Coruña elaborou e compartiu con toda a Comunidade educativa para celebrar este dia. Nel, varias científicas fálannos do seu traballo e dannos a posibilidade de enviarlle preguntas que xos xurdan. A Araña Maraña propón ver o vídeo con lapis e papel para ir anotando dúbidas que despos enviaremos ás científicas da Universidade e... a esperar as respostas.
Se premes na imaxe, podes ver o vídeo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario