miércoles, 12 de abril de 2023

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

           En relación a este día, cuxa conmemoración ten lugar o 7 de abril, fixemos varias actividades, en diferentes datas. Unha delas, un obradoiro sobre OBESIDADE INFANTIL que foi guiado por profesionais da saúde, do PAC comarcal de Xinzo de Limia. Déronnos moitos consellos, invitáronnos ás boas prácticas alimentarias e con elas fixemos galletas sen azucar de plátano e avena, cunha chispiña de chocolate negro. Foi divertidísimo e estaban moi saborosas.




            Tamén estamos a traballar coas familias nun pequeno proxecto de prevención do ICTUS, no que o alumnado se está formando para formar á súa vez ós seus familiares e que todos recoñezan os síntomas do ictus e sepan como actuar nun momento dado. Con isto, tal vez algún día podan salvar a  vida dun ser querido en perigo por actuar con rapidez, que é o mellor dos remedios nesta enfermidade.

En próximos días, teremos unha conferencia on line na que, desde o Colexio Oficial de Dentistas, informarán á nosa rapazada sobre a SAÚDE BUCUDENTAL.


No hay comentarios:

Publicar un comentario