viernes, 3 de octubre de 2025

Rexistrando o tempo cada día 🌞⛅✨


No marco do programa Meteoscolas, os máis pequenos están a descubrir o mundo do tempo e da meteoroloxía dunha maneira divertida e participativa. Cada día fan rexistros do que sucede no ceo: se hai sol, nubes, choiva ou vento, aprendendo a observar e anotar os cambios que se producen ao seu arredor.

Ao final de cada mes, todos os datos recollidos plasmanse nun gráfico mensual, que nos permite ver cunha ollada cal foi o clima predominante e comparar os días de sol, nubes ou choiva. Esta actividade non só fomenta a observación, a aprendizaxe científica e a responsabilidade, senón tamén a ilusión por comprender o que nos rodea e rexistrar información de xeito organizado.

Seguimos aprendendo xuntos a través do xogo, a experimentación e a observación directa, facendo que a meteoroloxía se converta nunha aventura diaria para os máis pequenos! 🌦️📊

No hay comentarios:

Publicar un comentario