lunes, 17 de noviembre de 2025

Brochetas de outono!🥝🍎🍇

 


Nesta ocasión, os máis pequenos do cole desfrutaron dunha actividade deliciosa e saudable:
elaborar brochetas de froitas de outono, aproveitando os sabores da estación.

Antes de cociñar, fixemos unha pequena exploración: observamos cores, texturas e aromas, e realizamos unha pequena cata para descubrir que froitas lles gustaban máis. Despois, cada neno e nena escolleu os seus ingredientes favoritos e creou as súas propias brochetas, combinando sabor, cor e diversión.

Esta proposta permitiulles coñecer os alimentos da tempada, practicar hábitos saudables e desenvolver a motricidade fina, ao mesmo tempo que aprendían xogando e compartindo momentos coas súas compañeiras e compañeiros.

Seguindo con actividades como esta, en Nutriescolas e na etapa de Infantil, fomentamos o gusto pola alimentación equilibrada, a curiosidade polos alimentos e a aprendizaxe a través do xogo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario