miércoles, 12 de noviembre de 2025

O noso patio cobra vida: melloramos os recursos para elaborar un circuito motriz











No noso proxecto de transformación do patio, as familias tiveron un papel fundamental! Grazas á súa colaboración conseguimos neumáticos que agora teñen unha nova vida no noso cole. Durante varias tardes de xuntanza, nenos, nenas e familias foron pintando os neumáticos con moito color, traballando xuntos e disfrutando de momentos de convivencia e creatividade.

O resultado é fantástico: agora contamos con recursos para montar un circuito motriz nas nosas instalacións exteriores, aproveitando os espazos verdes ao aire libre e fomentando a actividade física, o xogo e a coordinación do alumnado.

Este proxecto non só nos permite mellorar o patio, senón que tamén reforza a participación da comunidade educativa, facendo que nenos, familias e profes sexamos protagonistas dunha iniciativa que transforma o noso cole nun lugar máis lúdico, seguro e divertido.

Seguiremos compartindo novas ideas e transformacións, porque o noso patio segue a medrar coa colaboración de todos e todas! 🌈💪

No hay comentarios:

Publicar un comentario