Na etapa de Infantil seguimos aprendendo a través do xogo e das experiencias prácticas. Nesta ocasión, puxémonos o mandil e cociñamos pizza, unha actividade que encantou aos nenos e nenas.
Antes de comezar, falamos dos ingredientes que iamos empregar e dos utensilios precisos, traballando así o vocabulario e familiarizándonos cos elementos da cociña. Despois analizamos o proceso paso a paso, reflexionando sobre a orde das accións e traballando a estruturación temporal: que facemos primeiro, que vai despois e cal é o último paso.
Durante a elaboración tamén prestamos atención ás cantidades, contando, medindo e repartindo ingredientes, convertendo a cociña nun espazo cheo de aprendizaxe matemática, lingüística e sensorial.
Foi unha experiencia moi completa, na que os nenos e nenas aprenderon, colaboraron e, por suposto, desfrutaron moito do resultado final. Seguiremos cociñando e aprendendo xuntos! 🍽️😊






No hay comentarios:
Publicar un comentario