martes, 13 de enero de 2026

Propostas arítsicas de Inverno❄️🎨

Na aula dos máis pequenos deixámonos levar pola maxia do inverno a través da arte. Nesta ocasión realizamos dúas propostas artísticas inspiradas nesta estación do ano, experimentando con cores, texturas e moita creatividade.

A primeira actividade foi a creación dun paisaxe invernal. Pintamos un soporte utilizando tons azuis e brancos e, unha vez seco, aplicamos cola branca e sal para simular a neve. O resultado foi unha experiencia sensorial moi enriquecedora, na que os nenos e nenas descubriron novas texturas e efectos visuais mentres daban forma ás súas creacións.




A segunda proposta consistiu en pintar e decorar copos de neve p
ara adornar as fiestras da nosa aula. Primeiro pintámolos empregando cores propias do inverno, como azuis, branco e violeta, e despois personalizámolos con pegatinas, fomentando a expresión creativa e a motricidade fina.





Deste xeito,seguimos aprendendo a través da arte, explorando as estacións do ano e enchendo a aula de cor… mesmo no inverno! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario