Na etapa de Infantil achegámonos á lectoescritura dun xeito manipulativo, lúdico e adaptado ás idades temperás. Nesta ocasión realizamos unha actividade na que os nenos e nenas traballaron cos articulemas dos sons, acompañados de elementos en miniatura que podían manipular.
A través do xogo, escoitamos, nomeamos e identificamos o son inicial das palabras, clasificando os diferentes obxectos segundo o fonema polo que comezan. Este tipo de propostas permiten desenvolver a conciencia fonolóxica, unha habilidade clave no proceso de aprendizaxe da lectura e da escritura.
Traballar os sons dende idades temperás axuda aos nenos e nenas a escoitar con atención, diferenciar sons e establecer relacións entre a linguaxe oral e escrita, sentando as bases para futuras aprendizaxes dun xeito natural e significativo.





No hay comentarios:
Publicar un comentario