Na etapa de Infantil damos moita importancia a como comeza a xornada. Por iso, cada día levamos a cabo a chamada entrada relaxada, un momento no que cada neno e nena se vai incorporando pouco a pouco á rutina de aula, respectando os seus tempos e necesidades.
Durante este inicio de mañá, o alumnado atopa propostas tranquilas que cambian cada semana. Son actividades ás que poden acceder libremente, movéndose polo espazo con autonomía, e que están orientadas a traballar a motricidade fina e a vida práctica: manipular, encaixar, trasvasar, ordenar, abrir e pechar… accións sinxelas pero cheas de aprendizaxe.
Este momento axúdanos a crear un ambiente sereno, favorece a concentración e facilita unha transición natural entre a chegada ao cole e o inicio das actividades máis dirixidas. A través da entrada relaxada fomentamos a autonomía, a calma e o benestar emocional, sentando as bases para unha xornada de aprendizaxe positiva.
Pouco a pouco, e ao seu ritmo, comezamos cada día aprendendo 🌱.






No hay comentarios:
Publicar un comentario