viernes, 9 de enero de 2026

🎒📚Lectura en Familias: comezan as mochilas viaxeiras da Araña Maraña.

Dende o cole lanzamos un ano máis a iniciativa das mochilas viaxeiras, que chegan da man da nosa mascota da biblioteca: A Araña Maraña.🕷️💛

Temos tres mochilas viaxeiras que irán percorrendo os fogares do alumnado, viaxando de casa en casa, cargada de contos para compartir en familia. Cada mochila será unha invitación a parar un pouquiño, sentarse xuntos e desfrutar da lectura como un momento especial de encontro.

A Arañ Maraña acompañaranos nesta nova aventura lectora, tecendo fíos de historias entre a escola e os fogares. Agardamos que as mochiñas viaxeiras enchan as casas de contos, risas e momentos compartidos.

Seguiremos informando das súas viaxes...a lectura xa está en camiño!




Mochila de 3º,4º,5º,6º EP       Mochila de 1º EP                 Mochila de 4º,5º, 6º de EI








No hay comentarios:

Publicar un comentario