O CEIP de Vilar de Barrio, o máis tecnolóxico da comarca.
Máis info no seguinte enlace: https://www.dendealimia.com/texto-diario/mostrar/5036729/ceip-vilar-barrio-mais-tecnoloxico-da-comarca
Un espazo adicado a publicar as actividades da Biblioteca da Araña Maraña do noso centro, o CEIP-P. VILAR DE BARRIO, Ourense
Este luns 14 de outubro, en colaboración co Concello, fixemos unha excursión pola localidade de Vilar de Barrio co alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Primaria. Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto "Galicia nomeada". Visitamos as fontes da localidade e outros puntos de interese, falamos sobre os seus topónimos e usos e costumes dos mesmos.
Dentro do proxecto sobre o sistema solar, o alumnado elaborou un planetario. O sol fixémolo con platilina condutora á que conectamos unha batería e uns led.