viernes, 19 de diciembre de 2025

Recetario viaxeiro🍌🍊🍐



No noso centro seguimos avanzando con ilusión no programa Nutriescolas, unha das iniciativas do Plan Proxecta, a través da cal estamos aprendendo a importancia dunha alimentación saudable e equilibrada como base para o benestar e a vida activa.

Dende esta sección do blog queremos ir compartindo aquilo que vamos descubrindo: hábitos saudables, curiosidades acerca dos alimentos, consellos nutricionais e actividades que nos axudan a coidarnos mellor.

Como parte deste aprendizaxe, poñemos en marcha unha nova e bonita iniciativa: O RECETARIO VIAXEIRO. Trátase dun proxecto colaborativo no que solicitamos a colaboración e participación das nosas familias, convidándoas a compartir receitas saudables, sinxelas e habituais.

Este recetario irá viaxando de familia en familia, enchéndose de propostas ricas e equilibradas, fomentando así:

-A implicación das familias na educación alimentaria.

-O intercambio de ideas e tradicións culinarias.

-O gusto pola cociña saudable dende idades temperás.

Estamos seguros de que, coa vosa colaboración, crearemos un recetario cheo de sabor, saúde e experiencias compartidas.

Grazas por acompañarnos neste camiño cara hábitos de vida máis saudables!💚🍏


miércoles, 10 de diciembre de 2025

Fabada para os días de Inverno⛆⛄



Con este frío, nada mellor que un prato que nos reconforte e nos dea calor: hoxe compartimos fabada, un clásico do noso comedor que sempre gusta ao alumnado. Este prato tradicional está elaborado con coidado, ingredientes de calidade e pensando sempre nunha alimentación saudable e equilibrada, parte dos nosos menús escolares.

A fabada non só é saborosa, senón tamén unha oportunidade para que os nenos e nenas coñezan os beneficios das leguminosas, que aportan proteínas, fibra e vitaminas, e aprendan a valorar pratos nutritivos que nos axudan a medrar fortes e con enerxía.

No cole disfrutamos deste prato nun ambiente agradable e compartido, facendo do momento da comida unha experiencia nutritiva e afectiva, perfecta para os días fríos de inverno. ❄️🍴

Seguiremos compartindo máis pratos estrela da nosa cociña en Barrio con Sabor, para que as familias coñezan os sabores e o coidado que hai detrás de cada menú.

miércoles, 3 de diciembre de 2025

Brochetas de outono!🥝🍎🍇

 


Nesta ocasión, os máis pequenos do cole desfrutaron dunha actividade deliciosa e saudable:
elaborar brochetas de froitas de outono, aproveitando os sabores da estación.

Antes de cociñar, fixemos unha pequena exploración: observamos cores, texturas e aromas, e realizamos unha pequena cata para descubrir que froitas lles gustaban máis. Despois, cada neno e nena escolleu os seus ingredientes favoritos e creou as súas propias brochetas, combinando sabor, cor e diversión.

Esta proposta permitiulles coñecer os alimentos da tempada, practicar hábitos saudables e desenvolver a motricidade fina, ao mesmo tempo que aprendían xogando e compartindo momentos coas súas compañeiras e compañeiros.

Seguindo con actividades como esta, en Nutriescolas e na etapa de Infantil, fomentamos o gusto pola alimentación equilibrada, a curiosidade polos alimentos e a aprendizaxe a través do xogo. 

Día Internacional da Diversidade Funcional💛



 No día de hoxe festexamos no cole o Día Internacional Da Diversidade Funcional. Pra iso, contamos coa visita da Asociación de Limisi de Xinzo, quen veu compartir co noso alumnado un momneto moi especial.

A través de charlas, os nenos e nenas descubriron:

-Qué é a diversidade funcional.

- Os dintintos tipos de discapacidades que existen.

-A importancia do respeto, a empatía e a inclusión.

Ademáis, reflexionamos acerca do acoso e o bullying, entendendo por qué é fundamental rechazalos e construir entre todos un entorno no cal cada persoa se senta segura e valorada

Grazas a LIMISI pola súa visita e por axudarnos a seguir educando na diversidade.

lunes, 1 de diciembre de 2025

Cross escolar: XOGADE 🏃🏃


Esta semana, o alumnado de 3º,4º,5º e 6º desfrutaron dunha xornada deportiva no Campo da Moreira en Xinzo de Limia.

Partociparon nunha carreira chea de enerxía, compañerismo e ganas de superarse.

Seguimos sumando experiencias deportivas dentro do XOGADE.








viernes, 28 de noviembre de 2025

Infantil & Nutriescolas: zume de laranxa 🍊

 




Na aula de Infantil seguimos descubrindo que cociñar tamén pode ser un xogo e unha aprendizaxe! Nesta ocasión, durante o momento de cociña, o alumnado preparou un rico zume de laranxa, super saudable e natural.

Esta actividade permite aos nenos e nenas explorar sabores, aprender sobre froitas e hábitos de alimentación saudable, e, ao mesmo tempo, desenvolver habilidades como a motricidade fina ao exprimir as laranxas ou medir ingredientes.

En Nutriescolas apostamos por propostas como esta, que combinan diversión, educación e alimentación equilibrada, e que ensinan aos pequenos a valorar o que comen, a coidar o corpo e a gozar dos alimentos naturais.

Foi unha mañá divertida, chea de risas, sabor e aprendizaxe. Seguiremos compartindo máis receitas e propostas saudables coas que nenos e nenas aprenden e disfrutan no cole! 🥤🍊

Plan Poxecta: Nutriescolas: Sementando hábitos saudables. Que entendemos por alimentación saudable?🍐🍅🍉🍊🏃

 

 Comezamos o Programa Proxecta: Nutriescolas!

Este curso o noso colexio participa no Programa Proxecta, e un dos proxectos seleccionados é Nutriescolas, centrado na promoción dunha alimentación equilibrada e de hábitos de vida saudables.

Para dar inicio a esta andaina, celebramos unha asemblea cos nenos e nenas, na que lles lanzamos unha pregunta clave:
Que entendemos por alimentación saudable?

A partir desta reflexión, o alumnado compartiu unha morea de ideas: dende a importancia de comer froitas e verduras, ata beber auga, probar novos alimentos ou manter rutinas que nos axuden a coidar o noso corpo. Todas estas achegas foron recollidas nun soporte moi especial, totalmente vinculado ao título do noso proxecto deste ano: “Sementando hábitos saudables”.

Deseñamos unha árbore simbólica na que as raíces representan as reflexións dos nenos e nenas, e das raíces medran as follas onde escribimos todas as súas propostas e coñecementos. Un fermoso mural colectivo que será o punto de partida para todas as actividades que realizaremos ao longo do curso dentro de Nutriescolas.

Seguiremos traballando para que cada día poidamos sementar, coidar e facer medrar hábitos que nos axuden a vivir dunha maneira máis consciente, sa e feliz.

martes, 25 de noviembre de 2025

25N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero



A semana pasada tivemos a sorte de contar coa visita do CDR O VISO, quenes nos acompañaron en varias dinámicas pensadas para reflexionar e descubrir accións positivas que realizamos no día a día para coidar ás persoas que nos rodean.

Entre as actividades, ademáis de escribir esas accións positivas, tamén tivemos que decirnos cousas bonitas entre compañeiros/as, unha práctica que nos axudou a recoñecer o valor dos demáis ea fortalecer os vínculos dentro do grupo.




No día de hoxe, xuntámonos de novo para darlle voz a esas reflexións e compartilas cos máis pequenos do cole. Foi un momento especial no que poñemos en valor palabras como respeto, empatía, amizade e colaboración.

Ademais, apoiamos as nosas ideas con fragmentos de libros que nos inspiran e nos axudan a comprender s importancia do bo trato.



Estas lecturas lembráronnos que cada persoa merece ser tratada con dignidade, que o noso corpo évalioso e que defender a paz e a igualdade é un acto de valentía cotiá.

lunes, 24 de noviembre de 2025

Plan Proxecta: Meteoscolas. Qué é?🌦️

Comezamos a nosa aventura en MeteoEscolas!


Este curso damos inicio ao proxecto MeteoEscolas, enmarcado dentro do Plan Proxecta, e quixemos arrincar cunha actividade especial: unha asamblea científica para descubrir os primeiros materiais que chegaron ao noso centro.

Ao abrir o paquete atopamos dous instrumentos moi curiosos: un termómetro e un pluviometro. Sen dar explicacións previas, propuxemos ao alumnado observar con atención estes obxectos, manipulalos e lanzar hipóteses:
Para que servirán? Para que se usarán? Que información poderán darnos?

As respostas foron moi diversas e creativas, deixando ver o interese e a curiosidade que espertan estes instrumentos relacionados coa meteoroloxía.

Tras compartir ideas e chegar a conclusións conxuntas, explicamos que estes materiais serán fundamentais para o noso traballo ao longo do proxecto. Con eles poderemos rexistrar as temperaturas máximas e mínimas do noso colexio e medir a cantidade de choiva que cae ó longo do curso.

Este é só o primeiro paso dunha experiencia na que aprenderemos a observar o tempo, interpretar datos e comprender mellor o clima que nos rodea.

🌦️ MeteoEscolas xa está en marcha… e estamos desexando continuar!






viernes, 21 de noviembre de 2025

Un mural que conta a vida do noso patio🎨







Seguimos dando forma ao noso patio e hoxe queremos compartir con toda a comunidade educativa unha experiencia moi especial: a creación do noso mural.

Ao longo de varios días fomos pintando pouco a pouco, gozando do proceso e traballando en equipo. O alumnado participou con moita ilusión, colaborando entre todos e aprendendo novas técnicas grazas á axuda dun artista que nos acompañou nesta aventura e nos foi guiando para que o resultado quedase precioso.

Este mural non é só unha obra artística, senón un reflexo do noso patio e da vida que nel acontece. Nel pódense ver situacións cotiás que teñen lugar nos recreos: xogos, encontros, movemento, convivencia e momentos compartidos que fan do patio un espazo vivo e cheo de significado.

A través das fotos que compartimos podedes ver todo o proceso, desde as primeiras pinceladas ata o resultado final. Foi unha experiencia moi enriquecedora, creativa e participativa, na que o alumnado se sentiu protagonista e orgulloso do traballo realizado.

Seguimos avanzando na transformación do noso patio, facéndoo cada vez máis noso. Grazas por acompañarnos neste camiño! 🌱🎨

jueves, 13 de noviembre de 2025

Xudías á Portuguesa



Hoxe queremos compartir con vós un dos pratos que máis éxito tivo no noso comedor:
xudías á portuguesa. Un prato saboroso, caseiro e cheo de nutrientes, que forma parte dos nosos menús saudables e equilibrados.

As verduras son fundamentais na alimentación diaria dos nenos e nenas. Aportan vitaminas, minerais e fibra, axudando a medrar fortes, a ter máis enerxía e a adquirir bos hábitos alimentarios dende pequenos. Por iso, no noso comedor apostamos por pratos nos que as verduras sexan protagonistas, preparados con coidado e con receitas que resulten apetecibles.

As xudías á portuguesa combinan sabor e saúde, demostrando que comer ben tamén pode ser delicioso. No cole desfrutamos deste prato nun ambiente tranquilo e compartido, aprendendo pouco a pouco a valorar a importancia dunha alimentación variada e equilibrada.

Seguiremos compartindo máis pratos estrela do noso comedor en Barrio con Sabor. Agardamos que vos guste tanto como a nós! 🍽️🌱

miércoles, 12 de noviembre de 2025

O noso patio cobra vida: melloramos os recursos para elaborar un circuito motriz











No noso proxecto de transformación do patio, as familias tiveron un papel fundamental! Grazas á súa colaboración conseguimos neumáticos que agora teñen unha nova vida no noso cole. Durante varias tardes de xuntanza, nenos, nenas e familias foron pintando os neumáticos con moito color, traballando xuntos e disfrutando de momentos de convivencia e creatividade.

O resultado é fantástico: agora contamos con recursos para montar un circuito motriz nas nosas instalacións exteriores, aproveitando os espazos verdes ao aire libre e fomentando a actividade física, o xogo e a coordinación do alumnado.

Este proxecto non só nos permite mellorar o patio, senón que tamén reforza a participación da comunidade educativa, facendo que nenos, familias e profes sexamos protagonistas dunha iniciativa que transforma o noso cole nun lugar máis lúdico, seguro e divertido.

Seguiremos compartindo novas ideas e transformacións, porque o noso patio segue a medrar coa colaboración de todos e todas! 🌈💪