lunes, 24 de noviembre de 2025

Plan Proxecta: Meteoscolas. Qué é?🌦️

Comezamos a nosa aventura en MeteoEscolas!


Este curso damos inicio ao proxecto MeteoEscolas, enmarcado dentro do Plan Proxecta, e quixemos arrincar cunha actividade especial: unha asamblea científica para descubrir os primeiros materiais que chegaron ao noso centro.

Ao abrir o paquete atopamos dous instrumentos moi curiosos: un termómetro e un pluviometro. Sen dar explicacións previas, propuxemos ao alumnado observar con atención estes obxectos, manipulalos e lanzar hipóteses:
Para que servirán? Para que se usarán? Que información poderán darnos?

As respostas foron moi diversas e creativas, deixando ver o interese e a curiosidade que espertan estes instrumentos relacionados coa meteoroloxía.

Tras compartir ideas e chegar a conclusións conxuntas, explicamos que estes materiais serán fundamentais para o noso traballo ao longo do proxecto. Con eles poderemos rexistrar as temperaturas máximas e mínimas do noso colexio e medir a cantidade de choiva que cae ó longo do curso.

Este é só o primeiro paso dunha experiencia na que aprenderemos a observar o tempo, interpretar datos e comprender mellor o clima que nos rodea.

🌦️ MeteoEscolas xa está en marcha… e estamos desexando continuar!






No hay comentarios:

Publicar un comentario