viernes, 7 de noviembre de 2025

🌿 Aprendemos sobre as especies invasoras



Esta semana, no noso cole, levamos a cabo unha interesante actividade para aprender sobre as especies invasoras, tanto de plantas como de animais. A través  desta proposta, buscamos que os nenos e nenas comprendan a importancia de coidar os nosos ecosistemas e, as consecuencias que pode ter a introducción de especies que non pertencen ó noso entorno natural.

Durante a xornada, conversamos sobre qué son as especies invasoras, cómo chegan a novos lugares e qué efectos poden causar na flora e fauna local.


Para finalizar, os nenos realizaron debuxos preciosos e moi creativos da especie que elexida A través do arte, puideron expresar o que aprenderon e reflexionar sobre cómo podemos protexer a biodiversidad da nosa contorna.




Foi unha experiencia moi enriquecedora, que combinou ciencia, arte e conciencia ambiental. 🌎💚

No hay comentarios:

Publicar un comentario