Comezamos o Programa Proxecta: Nutriescolas!
Este curso o noso colexio participa no Programa Proxecta, e un dos proxectos seleccionados é Nutriescolas, centrado na promoción dunha alimentación equilibrada e de hábitos de vida saudables.
A partir desta reflexión, o alumnado compartiu unha morea de ideas: dende a importancia de comer froitas e verduras, ata beber auga, probar novos alimentos ou manter rutinas que nos axuden a coidar o noso corpo. Todas estas achegas foron recollidas nun soporte moi especial, totalmente vinculado ao título do noso proxecto deste ano: “Sementando hábitos saudables”.
Deseñamos unha árbore simbólica na que as raíces representan as reflexións dos nenos e nenas, e das raíces medran as follas onde escribimos todas as súas propostas e coñecementos. Un fermoso mural colectivo que será o punto de partida para todas as actividades que realizaremos ao longo do curso dentro de Nutriescolas.
Seguiremos traballando para que cada día poidamos sementar, coidar e facer medrar hábitos que nos axuden a vivir dunha maneira máis consciente, sa e feliz.

No hay comentarios:
Publicar un comentario