martes, 7 de octubre de 2025

Programando con Scracth

Hoxe tivemos no cole unha visita que nos encantou: un antigo alumno volveu para contarnos e ensinarnos un pouco sobre Scratch, unha forma divertida de programar e crear os nosos propios videoxogos.

Para quen non o coñeza, Scratch é unha maneira de aprender programación sen complicarse demasiado: en vez de escribir códigos longos, usamos bloques que se encaixan como pezas de lego para facer que os personaxes se movan, falen ou interactúen. Podes crear historias, animacións ou xogos totalmente á túa maneira , e ao mesmo tempo aprendes conceptos de programación como bucles, condicións variables, pero de forma superdivertida.




Durante a visita, o noso antigo alumno ensinounos a crear personaxes , facer que se movan pola pantalla e programar accións para que os xogos funcionen. Foi increible ver como todos nos puxemos mans á obra, experimentando e inventando as nosas propias ideas.
Grazas ao noso visitante por compartir con nós a súa experiencia e motivación. Agora estamos desexando comenzar os nosos propios proxectos en Scracth e ver ata onde chega a nosa creatividade.