lunes, 6 de octubre de 2025

Programa de RADIO: especial Festa da Pataca 25 🎉🥔📻



Esta semana, o noso alumnado converteuse  nun auténtico equipo de radio para preparar e emitir un programa especial adicado á Festa da Pataca de Vilar de Barrio. Unha experiencia chea de creatividade, traballo en equipo e moita diversión.

Durante a emisión, os nenos e nenas compartiron todas as recreacións artísticas que realizaron destacando como protagonista a pataca, así como outros elementos naturais da contorna: follas, ramas, pedras, castañas, landras… ¡A natureza converteuse nun gran abanico de ideas!

Neste programa de radio contaron paso a paso cómo levaron a cabo as súas creacións. Explicaron o proceso de selección dos materiais así como as técnicas empregadas: dende esculturas feitas con patacas unidas con palillos ata pequenas figuras decoradas con pintura, lá, teas recicladas e elementos do bosque. Tamén falaron de cómo combinaron texturas e cores para dar vida a personaxes, animais...

Aprenderon que obxetos tan cotiás como unha pataca poden converterse en arte si se pon imaxinación e ganas.

A actividade non só lles permitiu practicar a expresión oral e o traballo cooperativo, senón tamén valorar a creatividade, coidar o medio ambiente e apreciar as tradicións da nosa comunidade.


¡Noraboa a todos os pequenos artistas e comunicadores por este marabilloso programa! 🎉🥔📻

No hay comentarios:

Publicar un comentario