martes, 7 de octubre de 2025

Presentamos Nutriescolas en Educación Primaria

Durante o curso 2025/2026, o noso centro continuará apostando pola promoción de hábitos de vida saudables a través do programa Nutriescolas, unha iniciativa que achega ao alumnado a importancia dunha alimentación equilibrada, da actividade física e do coidado da saúde.

Nesta edición participará o alumnado de 1º de Educación Primaria, a través do programa Nutriescolas 1, así como os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, que desenvolverán distintas propostas e actividades adaptadas á súa idade.

Ao longo do curso realizaremos obradoiros, retos, xogos, actividades prácticas e outras experiencias que permitirán ao alumnado coñecer mellor os alimentos, valorar os produtos de proximidade e adquirir hábitos saudables que poidan incorporar á súa vida diaria.

Este programa tamén pretende implicar ás familias, favorecendo a colaboración entre a escola e o fogar para reforzar a importancia dunha alimentación variada e equilibrada e dun estilo de vida activo.

Desde este apartado do blog compartiremos as diferentes actividades e experiencias que iremos desenvolvendo, mostrando o traballo realizado nas aulas e os aprendizaxes adquiridos polo alumnado.

Comezamos unha nova edición de Nutriescolas con ilusión, entusiasmo e moitas ganas de aprender a coidarnos!

PEOXECTO INICIAL NUTRIESCOLAS 1 CURSO 1º EP

PEOXECTO INICIAL NUTRIESCOLAS 1 CURSOS 3º/4º/5º/6º EP


No hay comentarios:

Publicar un comentario