Hoxe o noso colexio encheuse de maxia, misterio e moita diversión para festexar o Samaín. Dende a primeira hora da mañá, os nenos e nenas chegaron ó centro con desfraces terroríficos: bruxas, pantasmas, esqueletos, monstros e moitos outros personaxes que deron vida a esta tradición tan especial.
Ao longo da xornada, levaronse a cabo diferentes actividades temáticas. No comedor do cole, os pequenos chefs elaboraron galletas terroríficas, con formas e decoracións inspiradas en arañas, cabazas, morcegos...
Tamén desfrutaron dunha sesión de cine na cal puideron vir unha película acorde coa festa.
Non faltaron os xogos e manualidades: pintaron e explotaron globos, fixeron creativas figuras relacionadas cos personaxes de samaín e decoraron os corredores do centro, enchendo cada recuncho de cor e imaxinación.
Un dos momentos máis esperados do día foron os bailes de samaín, onde o alumnado demostrou o seu talento e entusiasmo movéndose ao ritmo da música. Entre luces, risas e moita enerxía, todos e todas desfrutaron dun intre moi especial para compartir e divertirse xuntos.
Foi un día cheo de sorrisos, sustos e moita creatividade, no que todos e todas participamos para manter viva esta tradición galega tan querida.
¡Feliz Samaín á toda a comunidade educativa!
















No hay comentarios:
Publicar un comentario