Un espazo adicado a publicar as actividades da Biblioteca da Araña Maraña do noso centro, o CEIP-P. VILAR DE BARRIO, Ourense
PÁXINAS
- PÁXINA PRINCIPAL
- CELEBRACIÓNS🎉🎈🎇
- "SEMBRANDO HÁBITOS SAUDABLES"- NUTRIESCOLAS-PLAN PROXECTA 🍏🍊🍌
- CURSO2526
- METEOSCOLAS-PLAN PROXECTA
- SAÍDAS🚍🚍
- MIRANDO POLO CAMIÑO-PLAN PROXECTA🚶👣
- TEMPO DE COMPARTIR👴👵👬
- CONVIVENCIA
- RADIOMARAÑA 🎤🎤
- BIBLIOTECA CREATIVA
- O NOSO PATIO
- IOGA NA ESCOLA
- BARRIO CON SABOR
- INFANTIL
- LECTURA E FAMILIAS
sábado, 22 de octubre de 2022
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
A Consellería de Educación publicou o lema elexido para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022-23: ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR.
Desde Bibliomaraña aceptamos o reto de escribir. Escribir para: saber e aprender, comunicar e comunicarnos, escribirnos, coñecernos, relacionarnos, compartir escritos, colaborar, incluír, visibilizar, crear, desfrutar...
Mostramos o cartel co lema deste ano, deseñado por Belen L. Méndez, coñecida como “nacu”; e tamén a primeira propostra de escritura e creación feita pola Araña Maraña, mascota da nosa biblio, coa temática do Samaín.
miércoles, 19 de octubre de 2022
DÍA DAS ESCRITORAS
Este ano, no día das escritoras, tratamos de facer unha homenaxe ó papel fundamental destas mulleres cando se viron envoltas en situacións de conflito bélico e sufrimento.
Todo o alumnado de Primaria se involucrou e o resultado foi este podcast que podedes escoitar a continuación.
Etiquetas:
17 DE OUTUBRO,
CELEBRACIÓNS,
CURSO 2022-23,
DIA DAS ESCRITORAS EMPODERAMENTO DA MULLER,
RADIO
OBRADOIRO SOBRE AS REDES SOCIAIS NO CAMIÑO DE SANTIAGO
A biblioteca debe ser fonte de información e conexión entre o centro co seu alumnado, e toda a comunidade educativa; por iso, o 4 de outubro tivemos dous obradoiros, un en horario escolar, para 4º, 5º e 6º; e outro fóra do horario escolar, aberto a familias e público en xeral.
O tema: as redes sociais, coas súas vantaxes, perigos e consecuencias do publicado, precaucións a ter en conta e elaboración de filtros para as mesmas.
Grazas a CEO ABERTO, por facelo posible en colaboración con BIBLIOMARAÑA.
Etiquetas:
Biblioteca creativa,
CURSO 2022-23,
FAMILIAS,
TIC
lunes, 17 de octubre de 2022
INAUGURACIÓN CURSO
Comezou un novo curso e con el un acto de apertura de BIBLIOMARAÑA, no que o alumnado de 6º, como axudantes da biblioteca, faláronlles ós máis pequenos dos diferentes recunchos e normas, fixeron entrega das mochilas viaxeiras, o sorteo dos padriños lectores, e realizaron unha batería de actividades nas que eles e elas, novos bibliotecarios, foron coordinando ós diferentes grupos e traballando a lectura, a expresión e desenrolo da creatividade con actividades artísticas e diferentes xogos. Unha xornada moi completa...!!!
Etiquetas:
Animación á lectura,
CURSO 2022-23,
Inauguración
miércoles, 15 de junio de 2022
OBRADOIRO DE CESTERÍA
Dentro do Programa de Creativa, o alumnado participou nun obradoiro de cestería.
Coa axuda d e Sergio, todo o alumnado colaborou na elaboración dun cesto para a nosa biblioteca.
Foi unha xornada moi interesante. a continuación, podedes ver algunhas fotos do proceso e o resultado final:
Etiquetas:
Biblioteca creativa,
CURSO 21-22
jueves, 26 de mayo de 2022
PROXECTOS DIGICRAFT
O alumnado de 5º e 6º teñen uns proxectos maker moi interesantes que mostrar.
Etiquetas:
Biblioteca creativa,
CURSO 21-22
EN ABRIL...BIBLIO A MIL!
O alumnado do cole de Vilar de Barrio
segue a participar en diferentes actividades
na biblioteca da Araña Maraña.
Seguimos con dinámicas de teatro con Manuel Fontemoura. A través de este tipo de actividades, os alumn@s melloran a súa dicción, a posta en escea, a súa expresión oral...
Pola celebración do DÍA DO LIBRO e dentro do programa de BIBLIOTECA CREATIVA, o día 26 de abril tivemos a visita de Pablo Otero.
Pablo Otero é o autor do Cartaz deste cuso de Bibliotecas escolares.
Este artistas mostrounos o cartle orixinal e explicounos o proceso de elaboración ata chegar o cartaz final.
Despois, animou ós nosos pequen@s a crear unha portada do seu libro favorito ou inventado.
Empregaron diferentes técnicas, e diferente material de refugallo.
A continuación, pódese ver o proceso:
E para finalizar o mes, fixemos os nosos diseños en 3D ( actividade organizada por ABANCA):
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















.jpg)



















