martes, 14 de febrero de 2023

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

 Non debería haber un día para a paz, deberíamos ter 365 libres de violencia, pero xa que iso non é posible, desde Bibliomaraña quixemos recordar como poñer o noso gran de area para contribuír á paz.

A proposta da Araña Maraña, o alumnado decorou "palabras fermosas" que foron metidas nun cofre, coma un gran tesouro, co fin de empregalas e facer un mundo mellor. Tamén elaboramos nubes de palabras relacionadas coa paz.

No patio fixemos diversas imaxes, unhas pintadas e outras humanas.

Deixámosvos unha mostra de imaxes da celebración deste día.








miércoles, 8 de febrero de 2023

ESTÁ CHEGANDO O ENTROIDO

 Xa cercanas as datas de entroido, preparamos un novo recuncho temático con ambientación e lecturas relacionadas con esta festa. Mais adiante irémosvos contando como o celebramos e que actividades fixemos.


sábado, 28 de enero de 2023

NOVO RECUNCHO PARA...EXPRESS-ARTE

     Engadimos un novo espazo en Bibliomaraña, un lugar para expresarnos e chamámoslle RECUNCHO PARA EXPRESS-ARTE. Situamos o mobiliario no pasillo, fóra do espazo central da  biblioteca co fin de facilitar a limpeza de restos de pinturas e tamén ter a auga máis cerca. Dotámolo de pinceis, rodillos e diferentes tipos de pinturas e calquera usuario pode acudir a el a expresarse libremente, facer un mural ou múltiples actividades de arte plástica.



sábado, 21 de enero de 2023

NADAL


Polo Nadal preparamos diferentes actividades e actuacións para o festival que tivo lugar o último día do trimestre. Este ano centramos as actividades en torno ó proxecto do Camiño de Santiago, tal como se manifesta no debuxo que fixemos como fondo para o escenario. Quixemos resaltar tamén a figura do Apalpador, traballando coplas e música que plasmamos nun pequeno programiña de radio emitido como "Pinceladas de Nadal"









Alumnado de Infantil preparando as súas postais de Nadal:






sábado, 17 de diciembre de 2022

DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS (10 DE DECEMBRO)

Para conmemorar este día, en Bibliomaraña fíxose un obradoiro de lectura con libros relacionados cos dereitos humanos e cos dereitos da infancia. Estiveron unha semana expostos nun lugar preferente, para que todo o alumnado do centro e os mestres os tiveran á man e traballaran con eles dun xeito especial.

Amosámosvos algún dos libros seleccionados.



DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADES

 O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das persoas con discapacidades. No noso colexio non quixemos pasar por alto esta data por parecernos que o fomento da igualdade é o respecto hacia os demais, é algo imprescindible e así queremos que o vexa toda a nosa comunidade escolar.

Nas aulas tratouse a temática nas diferentes áreas, tendo como produto final un mural colaborativo que contén un poema, feito de maneira conxunta, para expresar os sentimentos e desexos do alumnado ante situacións e casos de persoas con discapacidades. Tamén fixeron ilustracións nas que plasmaron a valentía, a loita e o tesón deste colectivo, chamándolles especial atención o relacionado co deporte e os Xogos Paralímpicos.

Traballamos desde Bibliomaraña cun vídeo sobre deporte e discapacidades diversas.




 

miércoles, 14 de diciembre de 2022

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Xa sabemos que a ciencia é sempre importante, pero no mes de novembro, en Bibliomaraña prestámoslle unha atención especial levando a cabo diversas actividades:

    - Deixamos que apareceran fungos en varios alimentos e observamos minuciosamente o que acontecía co paso dos días.
                                           

    - O alumnado maior mostroulle ós máis pequenos novos produtos cultivados nas súas fincas ou nas da veciñanza. Previamente investigaron para poder compartir a información obtida. Destacamos as esponxas naturais e a feixoa.






     

    - Prantamos diferentes seméntes para estudar a evolución e crecemento. 


     

    - Reproduciron, con ceras de pintar trituradas, a formación das rochas.

     


    - Observaron polo miúdo diferentes insectos.


    - Prepararon presentacións sobre o animal que escolleu cada quen e foron expostas para o resto da clase, traballando as características dos diferentes grupos de animais.


    - Visitamos a exposición da Fundación Abanca: La Palma, volcán e vida.  Ademáis de ver fermosas imaxes, tivemos a sorte de poder meternos dentro do volcán e dunha vivenda de La Palma grazas ó uso de gafas 3D e participar a continuación nun obradoiro STEM no que tivemos que programar con Scratch unha placa microbit para superar algún reto de alarma relacionado coa actividade volcánica.




    O alumnado de 5º preparou diferentes presentacións sobre un animal elexido  por cada quen e, que despois foron expostas tendo como ointes o resto da clase, 4º, 5º e 6º.