viernes, 6 de octubre de 2023

SPEED DATING DE LIBROS. (Citas rápidas)

     En Bibliomaraña fixemos con 5º e 6º unhas citas rápidas de libros. Explicámosvos en que consistiu: Cada quen escolleu un libro, o que máis lle gustou ou o que lle chamou a atención polo motivo que fora. Fixemos parellas e nun minuto cada un tivo que contarlle á súa parella o que lle pareceu do libro, tratando de convencelo para que o lea. Pasados os dous minutos empregados por cada parella faise cambio de parellas, e sí ata que todo o alumnado presente o seu libro a todos e todas. Como final da estratexia, fixemos unha posta en común na que cada alumno/a explica  con cal dos libros recomendados se queda e por que.

    Foi unha experiencia bonita e resultona porque, ás veces non sabemos que libro coller no préstamo, e nese momentos todos/as tiñan desexos de ler varios títulos, polo ben que os/as demais lle falaron deles.










jueves, 5 de octubre de 2023

INAUGURACIÓN OFICIAL


             O alumnado de 6º como bibliotecarios voluntarios, axudado polo de 5º, levan días preparando todo para a apertura oficial e, porfín chegou ese día. 

              Recordáronnos normas, explicáronnos a distribución das diferentes zonas e recunchos, emparellaron ós padriños e madriñas lectoras cos seus afillados e afilladas, repartiron as mochilas viaxeiras para que empecen o seu percorrido polos diferentes fogares e sexan desfrutadas en familia; pero, sobre todo invitáronnos a mergullarnos no mundo dos libros e da lectura, a enchouparnos de novas historias e vivir novas vidas cos diferentes personaxes que vaiamos coñecendo.

              Un gran equipo de voluntarios...!!! Deixamos unhas fotiños dese día.

miércoles, 20 de septiembre de 2023

NOVO CURSO, NOVAS PROPOSTAS, NOVOS SOÑOS...

             Como cada ano, a Araña Maraña danos a benvida, abríndonos as portas de BIBLIOMARAÑA e invitándonos a coñecer con ela novos mundos, novas historias, novas ferramentas, novos xogos e milleiros de experiencias. Este ano, o tema anual é a banda deseñada. comic estará sempre presente para desfrute de todas e todos, favorecendo a autonomía lectora grazas ó apoio visual.


O cartel deste ano é obra de Jorge Campos, ilustrador, arquitecto e artista do comic. Nel preséntanos unha biblioteca escolar en viñetas. 




lunes, 12 de junio de 2023

MATEMÁTICAS E CIENCIAS NA BIBLIO

 Xogando, e de maneira distendida, tamén se traballa na biblioteca coas matemáticas e coas ciencias: construímos polígonos, facemos circuítos eléctricos, traballamos con imáns, coñecemos o interior do noso corpo, experimentamos, manipulamos... 


lunes, 5 de junio de 2023

5 de xuño: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 Neste curso, en relación ó medio ambiente tivemos duas actividades destacadas. A primeira delas, foi unha visita ó centro  Axentes medioambientais dos que aprendemos como coidar e respectar ós animais e tivemos a sorte de que trouxeron un par de aguiluchos, que despois de ser tratados no nun centro de recuperación de aves, xa estaban preparados para voltar á súa vida en libertade e s solta fixémola con estes axentes desde o patio do colexio. Ata veu un fotógrafo dun diario ourensá e saímos na prensa.



A outra actividade estivo relacionada co mundo das abellas e o mel. Poidemos aprender polo miúdo todo sobre estes animaliños, ver a raíña dentro dun dos paneis da colmea, a súa organización e valorar a importancia que teñen para o medio ambiente pola súa actividade na polinización das prantas.





domingo, 4 de junio de 2023

PREMIO DE POESÍA


 O IES San Mamede de Maceda, convoca un concurso de poesía para que poda participar nel o alumnado de 6º de primaria que será escolarizado nese instituto o próximo curso. Os premios foron entregados na Xornada informativa e visita ó centro que tivo lugar a finais de maio. Pois ben, para alegría de Xisela e Iván, os dous premios foron entregados a dous alumnos do noso centro. Parabéns...!!!


HILOGRAMAS

     Seguimos facendo comunidade co Centro de Día e os nosos maiores. Esta vez foron varias xornadas de xuntanza para facer hilogramas. Foi un traballo colaborativo e desfrutámolo moitos todos e todas.