viernes, 17 de noviembre de 2023

O GLOBO NEGRO: UNHA LECCIÓN DE IGUALDADE

         Este curso, tratamos a igualdade dun xeito especial, Esperamos que este relato do globo negro sexa unha lección para todos e todas. Escoitade este pequeno programa de radio feito polo alumnado de 6º.


miércoles, 15 de noviembre de 2023

GRANDES CIENTÍFICAS: SOPHIE GERMAIN

 Dentro do estudo de grandes científicas e mulleres importantes, que estamos levando a cabo para fomentar a igualdade e valorar a importancia da muller no mundo da ciencia, o alumnado investigou sobre a vida e obra de Sophie Germain e cada un preparou a súa presentación, que despois expuxo ante o resto do alumnado.  En breve teremos elaborado un pequeno programa de radio sobre esta gran matemática e estudosa dos números primos.





Irati, de 6º, fixo en cartulina un selo postal que se empregou en Francia na honra de Sophie.




viernes, 10 de noviembre de 2023

DÍA DA CIENCIA CON CEO ABERTO

 O día da Ciencia tivemos a oportunidade de compartir obradoiros con Ceo Aberto; neles traballamos moitos aspectos científicos: electricidade estática, plastilina condutora, postais con led e cinta condutora, a presión do aire, motores e baterías cos que fabricamos máquinas garabateadoras, a cor do lume, as vibracións e moitos trucos de maxia baseados na ciencia.








jueves, 9 de noviembre de 2023

VISITA DE LIMISI NO CENTRO

     Tivemos no centro a visita de traballadoras e usuarios de LIMISI para falarnos de diversidade funcional, acoso escolar, contarnos a súa experiencia expresando como se sentiron en diferentes momentos da vida.

     O alumnado puido vivir en primeira persoa situacións de dificultade auditiva, visual e tamén de falta de mobilidade.

      Seguimos facendo comunidades con diferentes organizacións da nosa contorna.





martes, 7 de noviembre de 2023

CONTOS DE ANTES DE ONTE NA MEMORIA. NOITE DE DEFUNTOS.

      Este programa de radio fixémolo coa imprescindible colaboración de Samuel, veciño de Vilar de Gomareites que nos recorda unha vella história que escoitaba de neno a carón do lume nas lareiras en noites como a de hoxe, víspera de defuntos.



viernes, 3 de noviembre de 2023

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

       Este mes trataremos de adicarllo á ciencia de maneira máis directa, levaremos a cabo diferentes obradoitos e experimentos que vos iremos amosando. Relacionaremos ciencia e igualdade e trataremos de resaltar o papel da muller no campo científico e matemático.

        Contamos no centro con moitos libros e material de ciencia que se ven incrementados coa maleta que solicitamos á Asesoría de Bibliotecas. Todo este material está á disposición da comunidade escolar e preparouse un escaparate de ciencia no corredor sa segúnda planta, onde as imaxes e as temáticas van mudando en función das datas e das celebracións.

    
        Amosamos algunha imaxe do alumnado traballando co material manipulable de Bibliomaraña:



        O alumnado de sexto, que neste momento están traballando o aparello dixestivo, fixeron un mural como produto final do proxecto, feito con material de refugallo. Este é o resultado:







jueves, 2 de noviembre de 2023

SAMAÍN

          Desde a biblioteca fíxose unha selección de lecturas que permaneceron nun dos corredores do centro para unha boa accesibilidade de todo o alumnado.

                A víspera do Samaín adicamos parte da xornada escolar á súa celebración e por suposto, non faltaron os disfraces, a ambientación, as manualidades e falaron do seu personaxe favorito...







     Os maiores do colexio fixeron un taller de cociña monstruosa elaborando uns pinchos para todas e todos. Velaquí o resultado:

     A tarde da celebración, repartiuse o alumnado en grupos e foron rotando por catro talleres:
     Nun taller cada grupo, seguindo as instrucións que saían ó azar nun dado, foi creando o seu monstro de Samaín.




     Noutro taller fixeron retos e xogos virtuais empregando as tabletas ou o panel da aula:
     





     No terceiro dos talleres fixeron chapas:





     E no último dos talleres traballaron a expresión corporal con diferentes bailes de Samaín