miércoles, 15 de junio de 2022

OBRADOIRO DE CESTERÍA

 

Dentro do Programa de Creativa, o alumnado participou nun obradoiro de cestería.

Coa axuda d e Sergio, todo o alumnado colaborou na elaboración dun cesto para a nosa biblioteca.

Foi unha xornada moi interesante. a continuación, podedes ver algunhas fotos do proceso e o resultado final:












jueves, 26 de mayo de 2022

PROXECTOS DIGICRAFT

  O alumnado de 5º e 6º teñen uns proxectos maker moi interesantes que mostrar.








EN ABRIL...BIBLIO A MIL!

O alumnado do cole de Vilar de Barrio
 segue a participar en diferentes actividades
 na  biblioteca da Araña Maraña.

Seguimos con dinámicas de teatro con Manuel Fontemoura. A través de este tipo de actividades, os alumn@s melloran a súa dicción, a posta en escea, a súa expresión oral...






Pola celebración do DÍA DO LIBRO e dentro do programa de BIBLIOTECA CREATIVA, o día 26 de abril tivemos a visita de Pablo Otero.

Pablo Otero é o autor do Cartaz deste cuso de Bibliotecas escolares.

 Este artistas mostrounos o cartle orixinal e explicounos o proceso de elaboración ata chegar o cartaz final.

Despois, animou ós nosos pequen@s a crear unha portada do seu libro favorito ou inventado.
 Empregaron diferentes técnicas, e diferente material de refugallo.



A continuación, pódese ver o proceso:











E para finalizar o mes, fixemos os nosos diseños en 3D ( actividade organizada por ABANCA):



























jueves, 31 de marzo de 2022

MES DE MARZO EN BIBLIOMARAÑA!!!

 Este mes de marzo,  puidemos desfrutar de moitas actividades na nosa biblioteca, BIBLIOMARAÑA.

Comezamos o mes coa visita dunha persoa moi especial para o noso cole, Xabier Domínguez, xove escritor que viviu moitos anos en Vilar de Barrio. Antigo alumno desta escola e profe de prácticas no seus estudos  universitarios.

Xabier Domínguez é autor e Naturizo, o pequeno ourizo que vive na Serra de San Mamede entre outro libros, como Fronteiras de papel, O xigante de Allariz, entre outros...

Nesta ocasión, Xabier ensinounos o mundo da ilustración e da edición dos contos.

Explicounos pasiño a pasiño o proceso de elaboración dun libros, desde que a primeira idea asoma na mente do escritor a ta que chega ós andeis das librerías. Mostrounos os diferentes tipos de papeis para imprimir e as diferentes técnicas de enmaquetado segundo o tipo de portada que leven.

E para rematar a xornada, xogos con palabras. Que ben o pasamos!!!








OBRADOIRO STEAM

Tivemos unha xornada na que maiores e pequenos poideron "argallar" co makey-makey e a plastilina condutora. Unha forma de experimentar coas novas tecnoloxías!!












MAKEY-MAKEY E PATACAS: "MÚSICA DE PIANO"

Os maiores da escola, alumnado de 5º e 6º de primaria acompañados pola súa titora, puxeron en práctica o manexo co programa Scratch e cunhas patacas conseguen facer soar un piano. 







OBRADOIRO DE TEATRO, DENTRO DO PROGRAMA "RADIO NA BIBLIO"

O último martes do mes, experimentamos diferentes técnicas de comunicarnos coa compañía de Manuel Fontemoura, experto en teatro e creador de TEATRO ANEIS e autor do libro " A nena do vestido de flores".