miércoles, 20 de septiembre de 2023

NOVO CURSO, NOVAS PROPOSTAS, NOVOS SOÑOS...

             Como cada ano, a Araña Maraña danos a benvida, abríndonos as portas de BIBLIOMARAÑA e invitándonos a coñecer con ela novos mundos, novas historias, novas ferramentas, novos xogos e milleiros de experiencias. Este ano, o tema anual é a banda deseñada. comic estará sempre presente para desfrute de todas e todos, favorecendo a autonomía lectora grazas ó apoio visual.


O cartel deste ano é obra de Jorge Campos, ilustrador, arquitecto e artista do comic. Nel preséntanos unha biblioteca escolar en viñetas. 




lunes, 12 de junio de 2023

MATEMÁTICAS E CIENCIAS NA BIBLIO

 Xogando, e de maneira distendida, tamén se traballa na biblioteca coas matemáticas e coas ciencias: construímos polígonos, facemos circuítos eléctricos, traballamos con imáns, coñecemos o interior do noso corpo, experimentamos, manipulamos... 


lunes, 5 de junio de 2023

5 de xuño: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 Neste curso, en relación ó medio ambiente tivemos duas actividades destacadas. A primeira delas, foi unha visita ó centro  Axentes medioambientais dos que aprendemos como coidar e respectar ós animais e tivemos a sorte de que trouxeron un par de aguiluchos, que despois de ser tratados no nun centro de recuperación de aves, xa estaban preparados para voltar á súa vida en libertade e s solta fixémola con estes axentes desde o patio do colexio. Ata veu un fotógrafo dun diario ourensá e saímos na prensa.



A outra actividade estivo relacionada co mundo das abellas e o mel. Poidemos aprender polo miúdo todo sobre estes animaliños, ver a raíña dentro dun dos paneis da colmea, a súa organización e valorar a importancia que teñen para o medio ambiente pola súa actividade na polinización das prantas.





domingo, 4 de junio de 2023

PREMIO DE POESÍA


 O IES San Mamede de Maceda, convoca un concurso de poesía para que poda participar nel o alumnado de 6º de primaria que será escolarizado nese instituto o próximo curso. Os premios foron entregados na Xornada informativa e visita ó centro que tivo lugar a finais de maio. Pois ben, para alegría de Xisela e Iván, os dous premios foron entregados a dous alumnos do noso centro. Parabéns...!!!


HILOGRAMAS

     Seguimos facendo comunidade co Centro de Día e os nosos maiores. Esta vez foron varias xornadas de xuntanza para facer hilogramas. Foi un traballo colaborativo e desfrutámolo moitos todos e todas.



domingo, 28 de mayo de 2023

OBRADOIRO PARA FAMILIAS E ALUMNADO CON ROCHI NÓVOA E DANI

 Familias e alumnado desfrutamos dunha xornada coa poetisa Rochi Nóvoa traballando a composición en pequenos e grandes grupos. Con ela veu Dani, que nos acompañou coa súa guitarra. Poesía, música, creatividade, risas, rimas... pódese pedir máis?

                                       






lunes, 15 de mayo de 2023

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 As Letras Galegas non son cousa de un día, pero desde fai algún tempo, e con máis intensidade, nesta semana, estamos profundizando sobre a vida e a obra de FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, escritor homenaxeado no 2023.

Elaboramos presentacións por grupos, que serán expostas para todo o alumnado do centro; traballamos coas tabletas nun Snote con información, exercicios, xogos e pasatempos sobre o escritor; lemos e analizamos minuciosamente a información dos carteis deste ano, e traballamos na proposta que a Araña Maraña, mascota da nosa biblioteca, nos fixo para que elaboremos un BioPoema de Francisco Fernández.


Deixámosvos algunhas imaxes do traballo do alumnado:




Os tres alumnos de 4º deixanvos esta presentación feita na clase de galego. Preme para poder vela.

                                                               VER PRESENTACIÓN

Na aula dos máis pequenos de primaria tamén investigaron e traballaron co autor homenaxeado:



Na aula de infantil, tamén celebraron a Semana das Letras: