martes, 13 de noviembre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS


O 24 de outubro é unha data sinalada como Día da Biblioteca
Como cada ano, presentamos o novo cartel co seu Lema:
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR.

Aquí está o cartel da CDU co que nos agasallaron desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares.

A Clasificación Decimal Universal (CDU) é un sistema estandarizado polo que se distribúen todos os documentos relacionados co coñecemento humano en 10 categorías que, á súa vez, se van subdividindo noutras 10 categorías (e así sucesivamente), na medida en que se precisa maior concreción. Para os centros de infantil e primaria non se recomenda pasar dos dous díxitos.
Recordamos cómo están catalogados os noso libros cos encargad@s da biblio e de paso, lle dimos unha volta ás estanterías.


Ese día aproveitamos para repartir os carnés de socio da biblio ós novos alumnos e alumnas e un curso máis, as nosas MOCHILAS VIAXEIRAS comezan a súa andaina. 
Este ano cun novo proxecto: IMOS LER XUNTOS!




Ademais, puxemos en marcha unha dinámica de Animación á Lectura moi interesante: 
O ZAMPALIBROS.

Trátase de ir lendo uns libros que nos propón a Araña Maraña. Por cada libro que lean @s alumn@s, se lles dará uns puntos. A partir de 400 puntos, cada nen@ poderá colocar a súa fotografía na libraría do ZAMPALIBROS e, pouco a pouco ir subindo de categoría. 
Esta actividade está resultando todo un éxito:



No hay comentarios:

Publicar un comentario