#EuQuedoNaCasa
Ola amig@s! Aquí estamos, na segunda semana de corentena polo COVID-19.
A araña Maraña quere recordarvos que diversos estudos sinalan a diversidade de beneficios que ten a LECTURA. Entre outros:
- Desperta a nosa imaxinación...
- Permite evadirnos do mundo real durante un ratiño...
- Alimenta a nosa inspiración...
- Libera as nosas emocións....
- Axuda a sentirnos activos, manténdonos ocupados, distraidos, reducindo o noso nivel de ESTRÉS.
Así que, estes días tan especiais, NEN@S E ADULTOS, a araña Maraña anímavos a que adiquedes un ratiño ó día a esta actividade. Aquí vos deixa unha chea de propostas:
- O Colexio de Psicólogos da Comunidade de Madrid, elaborou un conto para falarlles ás nenas e ós nenos sobre o Coronavirus e outros virus. Pincha no seguinte enlace e poderás velo:
https://issuu.com/colegiooficialpsicologosmadrid/docs/cuento_rosa_contra_el_virus_alta/6
- Os maiores do cole e as familias tedes a plataforma ELBE.2 para facer lectura dixital nos vosos dispositivos. Todos tedes a vosa conta que vos recordou a vosa titora. Se alguén ten algún problema, non dubidedes e poñervos en contacto con nós.
- Peques e maiores necesitamos movernos: No seguinte enlace podes aceder a contos motores cos que poderás desfrutar un ratiño: http://diarium.usal.es/noelia_roman/cuentos-motores/
- Nestas circunstancias, máis que nunca, AMAR, é a mellor maneira de vivir:
- No seguinte enlace, podes descargar o libro "AMAR"e unha proposta de traballo moi interesante para explorar as nosas emocións:
https://www.palabrasaladas.com/amar_en_cuarentena_por_el_coronavirus.html
- A biblioteca virtual galega ten aberta diferentes obras de autores galegos. Se te interesa, pincha no seguinte enlace:
http://bvg.udc.es/
- Casa del Libro, tamén aporta o seu granciño de area, con moitos libros gratuitos para descargar:
https://www.casadellibro.com/libros-ebooks-gratis/184
Ánimo a tod@s.
Todo vai sair ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario