miércoles, 8 de marzo de 2023

8 de marzo: DÍA DA MULLER

     Nestes días, quixemos destacar a importancia da muller en todos oa ámbitos da vida, procurando a igualdade e mantendo o lema do centro de educar en igualdade pero respectando as diferenzas. 

    Foron moitas as actividades realizadas en torno ó empoderamento da muller. Mostrámosvos algunhas:

    Fixemos investigacións sobre mulleres que deixaron pegada pola súa loita feminista e mergullámonos na súa vida e obra, aprendendo a valorar o seu traballo e as difíciles circunstancias que lle tocou vivir a algunha delas. Con esta información e todo o relacionado co 8M e o Día Internacional da muller, tratamos de facer unha pancarta, convertible en bandeira, como produto final. Para elaborala, repartíronse teas e pinturas para uso téxtil, a todas as aulas nas que o alumnado foi plasmando a súa visión deste día. Eses anacos coséronse no mesmo centro para poder mostrar o conxunto nun acto que se levou o a cabo a nivel de concello e ó que fomos invitados polas autoridades municipais. Unha vez máis fixemos comunidade coa veciñanza, corporación municipal e traballadores/as do Concello. O acto tivo lugar nos locais da Biblioteca Municipal. O alumnado expuxo ante o público xeral e autoridades o significado do seu traballo e a cambio recibiu, por parte do Concello,unha bolsa conmemorativa e un fermoso agasallo de cerámica para cada aula. Xuntos, descubrimos unha lona impresa que será posta nos diferentes pobos, para conmemorar este día a nivel municipal.



    En días previos tivemos un Obradoiro de Igualdade guiado por voluntarias do CDR O VISO, no que todos reflexionamos sobre estereotipos de xénero con supostos reais e traballo reflexivo. Grazas, un ano máis, por acordarvos do noso colexio.





No hay comentarios:

Publicar un comentario