jueves, 27 de abril de 2023

ACTIVIDADE DE RADIO CON RADIOVOZ



             Hoxe, 27 de abril, tivemos no colexio un obradoiro de radio guiado por unha locutora e unha técnica de son de Radiovoz. Primeiro estivemos na biblioteca recordando as partes que debe ter un programa e como se elabora a escaleta. A continuación veu a parte práctica: traballamos a edición con Audacity, compartimos con elas os arquivos dun programa que tiñamos a medio facer e elaboramos un noticieiro a partir dos xornais do día.Todos rotamos polos micrófonos e polo control, traballando co ordenador e a mesa de son. Agradecemos a Radiovoz e ó seu persoal que compartiran con nós esta xornada.






No hay comentarios:

Publicar un comentario