En Nutriescolas seguimos aprendendo sobre alimentación saudable… ¡e tamén divertíndonos moito! Nesta ocasión realizamos a actividade “Descubrindo a pirámide de alimentos”, na que os nenos e nenas convertéronse en verdadeiros exploradores da comida saudable 🕵️♀️🍽️.
Para iso, creamos entre todos unha gran pirámide alimentaria. A actividade consistiu en ir pegando diferentes alimentos no lugar correcto da pirámide, clasificándoos segundo o grupo ao que pertencen. Así, pouco a pouco fomos descubrindo onde vai cada alimento e por que é importante para o noso corpo 💪✨.
Traballamos con cinco grupos de alimentos:
Mentres pegamos cada alimento, falamos sobre os seus beneficios e sobre como facer pratos máis variados e equilibrados. Os nenos e nenas participaron moito, adiviñando onde debía ir cada alimento e compartindo cales son os seus favoritos 😋.
Foi unha actividade moi visual, participativa e chea de aprendizaxe, na que descubrimos que comer saudable tamén pode ser divertido 🎉




No hay comentarios:
Publicar un comentario