jueves, 12 de marzo de 2026

Mulleres da Limia: historias que inspiran 💜

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou nunha actividade moi especial na que tivemos a sorte de contar coa visita de mulleres da Limia que compartiron con nós as súas experiencias de vida.

Durante o encontro, estas mulleres relatáronnos en primeira persoa as súas historias, ofrecéndonos unha valiosa oportunidade para escoitar e coñecer de preto o seu percorrido vital, as súas aprendizaxes e o seu papel dentro da comunidade.

Moitas delas participaron tamén no libro “Sabores e saberes”, un proxecto que recolle receitas, tradicións e lembranzas que forman parte da nosa cultura. A través deste traballo, contribúen a conservar e transmitir a memoria, os coñecementos e as tradicións da nosa terra.

Para o noso alumnado foi unha experiencia moi enriquecedora, xa que puideron coñecer referentes próximos, mulleres que, desde o seu día a día, axudaron a construír comunidade e a manter vivas moitas das nosas tradicións.

Actividades como esta permítennos dar valor á experiencia e á memoria das persoas que nos rodean, ao mesmo tempo que achegan ao alumnado exemplos reais de esforzo, sabedoría e compromiso coa cultura.





Agradecemos sinceramente a estas mulleres por compartir con nós o seu tempo, as súas historias e os seus saberes, convertendo esta xornada nun momento de aprendizaxe e encontro moi especial. 

Queremos tamén agradecer ao CDR O Viso por compartir con nós esta actividade e por facer posible este encontro tan enriquecedor para o noso alumnado.💜

lunes, 9 de marzo de 2026

8M: As nosas mulleres referentes 💜



Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o alumnado máis pequeno de Educación Infantil e 1º de Primaria participou nunha actividade moi especial para reflexionar sobre as mulleres importantes das súas vidas.

Para comezar, mantivemos unha pequena conversa na aula na que cada neno e cada nena puido pensar e compartir quen é a muller máis importante para el ou para ela e por que. Xurdiron nomes moi significativos: nais, avoas, irmás, tías… mulleres que forman parte do seu día a día e que son referentes de coidado, apoio e cariño.

Despois deste momento de reflexión, o alumnado realizou un debuxo da súa muller referente, plasmando no papel esa persoa tan especial. Para completar a actividade, colocaron o seu debuxo nun pequeno cadro elaborado con depresores, que previamente decoraron con flores violetas.

Estas flores representan as sempre vivas, un símbolo moi ligado ao 8M, que nos lembra a importancia de manter vivos valores como a igualdade, o respecto e o recoñecemento ao papel das mulleres na sociedade.

O resultado foi unha fermosa colección de cadros cheos de significado, nos que cada debuxo conta unha historia e reflicte o cariño e a admiración que o alumnado sente polas súas mulleres referentes.

Unha actividade sinxela, pero chea de emoción, que nos permitiu celebrar o 8M poñendo en valor ás mulleres que forman parte das nosas vidas. 💜







Conmemoramos o 8M no Concello 💜

 

Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o noso alumnado achegouse ata o Concello para participar nun pequeno acto de conmemoración deste día tan significativo.

Para preparar este encontro, previamente no centro elaboramos lazos violetas, un símbolo que representa a loita pola igualdade e o recoñecemento dos dereitos das mulleres. Estes lazos acompañáronnos durante a xornada como mostra do noso compromiso con estes valores.

Unha vez no Concello, tivemos a oportunidade de compartir entre todos e todas o que significa para nós este día. Falamos da importancia de respectarnos, de valorar o papel das mulleres na sociedade e de seguir traballando por un mundo máis xusto e igualitario.

Durante o acto, o alumnado tamén recitou varias poesías, achegando palabras cheas de sensibilidade e reflexión arredor da igualdade e do respecto.









Actividades como esta permítennos achegar ao alumnado, desde idades temperás, valores fundamentais como a igualdade, o respecto e a xustiza, axudándolles a comprender que todas as persoas merecen as mesmas oportunidades.

Foi unha xornada moi especial na que, entre todos e todas, recordamos a importancia de educar en igualdade desde a infancia, construíndo pouco a pouco unha sociedade máis xusta para o futuro. 💜











8M na biblioteca: lecturas para reflexionar e medrar 💜📚




Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, na nosa biblioteca quixemos crear un pequeno espazo especial dedicado á lectura e á reflexión.

Durante estes días, habilitamos un recuncho con libros destacados relacionados coa igualdade, as historias de mulleres inspiradoras e o papel das mulleres ao longo da historia. A través desta selección de lecturas queremos convidar ao alumnado a achegarse a diferentes relatos, biografías e contos que poñen en valor a importancia da igualdade e o respecto.

Este espazo nace coa intención de animar ao alumnado a descubrir novas historias, coñecer a vida de mulleres que deixaron pegada en distintos ámbitos e reflexionar sobre a importancia de seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

A biblioteca convértese así nun lugar onde, ademais de gozar da lectura, tamén podemos aprender, pensar e compartir valores fundamentais.

Con esta pequena iniciativa queremos lembrar que os libros tamén son unha ferramenta para educar en igualdade e para seguir construíndo, entre todos e todas, un futuro mellor. 💜

👵👴 Sabores de antes e de agora: receitas interxeracionais en acción

 

Esta semana en Nutriescolas tivemos unha actividade moi especial: o alumnado realizou unha saída ao centro de maiores do concello para entrevistar aos nosos maiores sobre as súas receitas de cociña de antes 🍲🥧.

Os nenos e nenas aprenderon de primeira man como se preparaban os pratos tradicionais, descubrindo sabores, ingredientes e historias que pasan de xeración en xeración. Foi unha experiencia enriquecedora porque conecta o presente co pasado, permitindo que as receitas familiares e tradicionais non se perdan.

Estas recetas interxeracionais non só nos axudan a coñecer a cultura culinaria do noso concello, senón que tamén fomentan o respecto, a curiosidade e o diálogo entre persoas de diferentes idades. 💬❤️

Grazas a todos os maiores que compartiron os seus segredos culinarios! Agora os nosos alumnos e alumnas teñen novas ideas saudables e deliciosas para experimentar na cociña. 👩‍🍳👨‍🍳

miércoles, 4 de marzo de 2026

Seguimos cos rexistros de merenda: A túa merenda conta🍎🥪📋



Continuamos coa actividade
“A túa merenda conta”. Ao longo do curso, en varios días puntuais de cada mes, o alumnado segue realizando os rexistros das súas merendas durante o recreo.

Os nenos e nenas anotan o que traen para merendar, continuando así co seguimento desta actividade que nos axuda a tomar conciencia dos nosos hábitos alimentarios.



Pouco a pouco, a través destes rexistros e das reflexións que facemos posteriormente na aula, o alumnado vai observando e analizando as súas propias merendas, aprendendo a valorar as opcións máis saudables e propoñéndose pequenos retos de mellora.

Seguimos avanzando paso a paso, porque cada merenda conta

jueves, 26 de febrero de 2026

🍽️ Á carta: creando un mural de comidas saudables

 

Despois da actividade “O menú do día”, seguimos aprendendo e divertíndonos con “Á carta”! 🥗🍎🥖

Aproveitamos os debuxos que fixeron os nenos e nenas para confeccionar un mural cheo de ideas de pratos saudables para as diferentes comidas do día. Cada alumno e alumna incluíu unha variedade de alimentos, sempre tendo en conta a pirámide alimentaria e as cantidades recomendadas.

Foi xenial ver tantas ideas riquísimas e saudables e descubrir novos pratos que podemos probar!

 Todos participamos e aprendemos que comer ben pode ser divertido e moi saboroso.