Esta semana o noso alumnado gozou dunha xornada moi especial no forno da nosa localidade. Alí puideron descubrir de primeira man o fermoso oficio da panadaría e converterse en verdadeiros panadeiros e panadeiras por un día.
Con moito entusiasmo, os nenos e nenas puxéronse
mans á obra: amasaron, deron forma e prepararon deliciosos bolos de pan con
chourizo, ademais de elaborar unhas galletas caseiras riquísimas que
encheron o forno dun arrecendo doce e inesquecible.
Ademais de aprender acerca do proceso de
elaboración do pan, tamén tiveron a oportunidade de valorar a
importancia do produto local e do traballo artesanal, entendendo o esforzo
e o mimo que hai detrás de cada fornada.
E, por suposto, o mellor de todo foi poder
probar o resultado final: un pan saboroso e unhas galletas deliciosas que
souberon aínda mellor despois de tanto esforzo compartido.
Foi unha experiencia única e enriquecedora,
que nos axudou a comprender mellor como se fan os alimentos que cada día chegan
á nosa mesa e a apreciar o labor das persoas que manteñen vivas as nosas
tradicións.
Sen dúbida, volveremos repetir!






No hay comentarios:
Publicar un comentario