Despois de tantos días de choiva, por fin puidemos volver ver o sol… e ben que o botabamos en falta! 🌤️
Aproveitando o bo tempo, o alumnado de Infantil saíu ao patio para desfrutar dun dos espazos que máis lles gusta: o areeiro. Con cubos, pas, moldes e moito entusiasmo, os nenos e nenas mergulláronse no xogo libre, creando castelos, montañas e pequenas construcións cheas de imaxinación.
O xogo no areeiro non só é divertido, senón que tamén favorece a creatividade, a cooperación e o desenvolvemento da motricidade. Ademais, estar ao aire libre permítenos conectar coa contorna e aproveitar os beneficios do sol despois dun longo período de chuvias.
E para completar a mañá… organizamos un pequeno picnic ao aire libre! Comer no patio, ao sol, converteuse nun momento especial de convivencia e disfrute, aproveitando ao máximo esta xornada tan agardada.
Foi unha mañá sinxela pero moi especial, desas que nos lembran canto valor teñen os pequenos momentos compartidos ao aire libre ☀️🏖️




No hay comentarios:
Publicar un comentario